HomesociedadeMonforte de Lemos, Chantada, Sarria, Taboada e Quiroga realizarán obradoiros contra a...

Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Taboada e Quiroga realizarán obradoiros contra a desinformación

O Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo promoven un ciclo de alfabetización mediática que se desenvolverá ao longo do ano en vinte localidades da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado venres, 5 de xuño, comezou no Salón de Actos do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, unha actividade dirixida a combater a desinformación que lle chega á xente polos medios. Nesta primeira sesión inaugural, por dicilo dalgún xeito, houbo un obradoiro –ao que accederon persoas con inscrición previa– impartido por Pilar Rodríguez Losada, profesional cunha ampla experiencia como redactora e editora na Televisión de Galicia. A partir de agora, a iniciativa desenvolverase en diferentes datas nun total de vinte concellos de toda a provincia. No sur de Lugo, os municipios beneficiados son: Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Taboada e Quiroga.

Días atrás, na presentación do proxecto, a decana do Colexio de Xornalistas, Belén Regueira, afirmou que levan xa tempo traballando a alfabetización mediática con público adolescente, “pero hai tempo que detectamos a necesidade e mesmo a urxencia de estender esta formación tamén ao público adulto” porque a sociedade precisa “ferramentas que permitan distinguir o xornalismo de calidade, pero tamén un consumo crítico da información”. Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, defendeu a necesidade desta formación fronte á “desinformación que parece que pesa máis que a información de verdade” e valorou o feito de que a iniciativa veña “da man de profesionais” e que “non se centralice nas cidades, senón que chegue a todas as comarcas do noso territorio”.

COMBATER A DESINFORMACIÓN

Dende o Colexio de Xornalistas afirman que “o contexto actual de proliferación de noticias falsas está a danar profundamente non só ao xornalismo, que se enfronta a unha crise sen precedentes, senón tamén a propia calidade democrática da nosa sociedade”. Por este motivo consideran necesario dotar de ferramentas ao público para defenderse da abondosa intoxicación informativa e poder combater a mentira con coñecementos.

Todos os obradoiros estarán impartidos por profesionais colexiados e colexiadas, que recibiron formación específica en alfabetización mediática. En concreto, as e os formadores serán: María del Carmen Abuín González, Elena Martín Lores, Maria Selina Otero Verdes, Carmen Quintela Babío, Miguel Rodríguez Fernández, María del Pilar Rodríguez Losada e Marga Tojo González.

A actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo. 

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...