HomesociedadeRibas de Sil aproveita a Festa da Cereixa para homenaxear á asociación...

Ribas de Sil aproveita a Festa da Cereixa para homenaxear á asociación local de Manos Unidas

Durante a celebración da Festa da Cereixa, esta pasada fin de semana, tivo lugar na Igrexa Parroquial de San Clodio de Ribas de Sil unha moi emotiva homenaxe ao grupo de mulleres solidarias de Manos Unidas, que durante case catro décadas dedicaron tempo e esforzo a traballar por deixar un mundo máis xusto. A cita anual coas cereixas, o viño e o aceite contou sempre coa súa participación e agora deixan a súa actividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este acto de homenaxe estaba organizado polo Concello de Ribas de Sil en colaboración coa parroquia. Comezou cunha misa presidida polo párroco Nelson Enrique Suárez, concelebrada polo vicario de Pastoral da Diocese de Lugo, Luis Manuel Rodríguez. Na parte civil participou a corporación municipal en pleno, encabezada polo alcalde Roberto Castro, representando a todos os veciños e veciñas, xunto a un numeroso grupo de persoas asistentes.

O grupo de mulleres de Manos Unidas comezou o seu traballo nos últimos anos da década de 1980 e tivo a súa última exposición na Festa da Cereixa de 2025, sendo esta a primeira edición da festa na que xa non están presentes desde os seus inicios. Comezaron por iniciativa de Ana, a traballadora social do Concello, sendo alcalde José, Rodríguez Rodríguez.

O seu obradoiro estivo situado en distintas localizacións ao longo destes case 40 anos, traballando de setembro a xuño todos os martes e xoves. As súas artesanías téxtiles vendíanse logo en Semana Santa, nas festas da Cereixa e tamén en localidades como Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón ou nas localidades ourensás da Veiga e Viana do Bolo. O resultado das vendas foi utilizado para financiar diferentes proxectos sociais, como un comedor social en Lugo, proxectos internacionais de Mans Unidas e iniciativas de desenvolvemento en Bolivia, Perú e Brasil.

O concelleiro de Educación e Cultura, Luis Fernández, encargado de conducir a parte civil da homenaxe, pediu aos asistentes un aplauso en nome de tantos nenos, nenas e adultos de poboacións empobrecidas que, seguramente, desde distintas latitudes do mundo, están profundamente agradecidos. A Coral Polifónica de Quiroga ofreceu a banda sonora adecuada para o momento

Manos Unidas homenaxe / Concello de Ribas de Sil

Parte emotiva da homenaxe foi a entrega de rosas brancas, que os concelleiros de todos os grupos municipais fixeron entre todas aquelas persoas xa falecidas que formaron parte ou tiveron un papel importante na historia do grupo. Entre elas foron lembrados especialmente o párroco Xesús Balado e Carmen, unha das persoas que apostou desde o inicio por darlle un sentido solidario ao traballo realizado polo colectivo.

No próximo Nadal, o grupo de mulleres, coa colaboración do Concello de Ribas de Sil e de persoas voluntarias, elaborará un documento que recolla unha historia de case catro décadas que merece a pena ser contada. Ao rematar o acto, o párroco e o alcalde descubriron unhaplaca conmemorativa que deixará memoria permanente dun exemplo de solidariedade e compromiso para as xeracións vindeiras.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...