HomesociedadeMonforte saca a licitación por 281.000€ a mellora de varios viais en...

Monforte saca a licitación por 281.000€ a mellora de varios viais en Piñeira

As dúas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o rexedor este mes de maio, que comprende obras por valor de 1.059.733,23€. Neste caso destínanse 281.000€ a dúa vías en Piñeira, a estrada que conecta os núcleos de As Bodegas-A Regueira e as existentes entre O Bosque e a estrada do Reboredo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de luz verde na sesión do 1 de xuño á licitación destes dous novos proxectos, que se suman aos xa licitados nas semanas previas, correspondentes á Avenida de Galicia-Rúa Chantada, Rúa Vigo, rúa Calvo Sotelo, zona de Montepando-Bouza Brey e Ribasaltas, e que xa se atopan en proceso de contratación.  

As novas licitacións aprobadas polo Equipo de Goberno están publicadas na Plataforma de Contratación Pública e o prazo para presentar ofertas nos dous procedementos finaliza o 29 de xuño. Os prazos de execución, en ambos casos son de 1 mes.

No Vial entre As Bodegas-A Regueira contémplase a rexeneración do firme da vía municipal que une estes núcleos. Trátase dunha pista que forma parte da rede viaria municipal que suma un total de 780 metros de lonxitude, cun ancho medio de 7,56 m. A superficie total na que se actúa é de 5.900 m2. Colocarase unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e as marcas viais e a sinalización correspondente. O investimento neste vial ascende a 177.770,29 euros.

Na parroquia de Piñeira tamén se actuará en dous viais, entre o lugar de ‘O Bosque’ e a estrada do Reboredo, un deles xunto ao taller mecánico onde rematan os edificios da beirarrúa da dereita, e a outro despois da N-120. As vías nas que se actúa forman parte da rede viaria municipal e teñen unha lonxitude total de 1.670 m, cun ancho medio de 4,16 m, sendo a superficie total de 6.960 m2. Utilizarase aglomerado en quente e pintaranse as marcas viais. Estas dúas pistas teñen un orzamento de 103.825,63 euros.

O plan de investimentos por máis de 1M€ anunciado polo Alcalde completarase en vindeiras datas coa contratación da mellora da pavimentación da rúa Pintor Luis Seoane e as actuacións en vías de Marcelle e San Julián de Tor. O obxectivo é que todos os proxectos estean executados a finais deste ano 2026.

O Bosque e a estrada do Reboredo

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...