HomesociedadeOs madeireiros rehabilitarán a estrada provincial LU-P-4707 que danaron na Pobra do...

Os madeireiros rehabilitarán a estrada provincial LU-P-4707 que danaron na Pobra do Brollón despois do incendio do 2022

A Deputación de Lugo anunciou este mércores que os madeireiros rehabilitarán a estrada provincial LU-P-4707. Unha vía que foi utilizada por varias empresas para sacar a madeira queimada que quedou dos lumes forestais que tiveron lugar no 2022 entre este municipio e o de Folgoso do Courel, provocando desperfectos ao longo de todo o trazado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez finalizados os labores forestais nesta estrada da Deputación, os técnicos da institución provincial elaboraron un informe das melloras necesarias e o seu custo, comprometéndose as empresas a asumir a reparación de forma inmediata.

Os danos máis importantes sucederon a partir do punto quilométrico 2,8 e están previstas diferentes actuacións, que consistirán por unha parte na limpeza das cunetas e das marxes, nas que será necesario recuperar o ancho orixinal da vía; e a mellora do firme, que terá en conta os diferentes materiais orixinais do mesmo.

Esta vía, que ten unha lonxitude que supera os 11 quilómetros ao longo do seu trazado, parte da autonómica LU-653 e dá servizo a diferentes núcleos de poboación e a capela de San Vitorio, un dos enclaves máis coñecidos do municipio pola romaría que se celebra cada mes de agosto.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...