HomesociedadeMonforte suspende o concerto de Beret tras a súa detención por unha...

Monforte suspende o concerto de Beret tras a súa detención por unha presunta agresión sexual

O Concello deu instrucións á empresa encargada das festas para cancelar a actuación prevista o 15 de agosto e buscar outro artista, mentres os festivais de Pontevedra e A Coruña aínda non decidiron sobre as súas citas co cantante.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos comunicou este venres a suspensión do concerto de Beret, previsto para o vindeiro 15 de agosto dentro do programa das Festas Patronais do municipio, tras coñecerse a detención do artista sevillano por unha presunta agresión sexual. Nun comunicado, o goberno municipal explicou que tomou esta decisión “ante as novas aparecidas nos medios de comunicación” en relación co cantante e “mentres non se aclara a situación xurídica do artista”.

Por este motivo, o Concello deu instrucións á empresa BlacPro Producción&Rental, encargada da organización musical das festas por encargo da administración local, para que leve a cabo os trámites administrativos necesarios para suspender o concerto. O goberno municipal tamén lle pediu á empresa que “proceda de inmediato a comprobar a dispoñibilidade doutros artistas”, co obxectivo de que o Concello poida tomar unha decisión sobre a actuación que substituirá a Beret o 15 de agosto.

OUTRAS DÚAS CITAS EN GALICIA

O artista sevillano ten programadas outras dúas actuacións en Galicia nos vindeiros meses. A primeira está prevista para o 18 de xullo en Pontevedra, dentro do festival Bigsound, e a segunda para o 4 de setembro na Coruña, no RecordaFest. No caso da cita coruñesa, a organización confirmou a Europa Press que aínda non tomou unha decisión sobre o concerto.

Pola súa banda, o festival que se celebra en Pontevedra aínda non se pronunciou sobre se manterá ou non a actuación do cantante no seu cartel. A suspensión acordada por Monforte converte así o municipio lucense no primeiro dos eventos galegos previstos en cancelar a presenza de Beret á espera de que se aclare a súa situación xudicial.

O PP CUALIFICA A DECISIÓN DE “INCOHERENCIA ABSOLUTA” POLA SITUACIÓN XURÍDICA DO ALCALDE

Os concelleiros do PP de Monforte cualificaron como “unha incoherencia absoluta” e “hipocrisía política” a decisión do alcalde, José Tomé, de suspender o concerto do artista sevillano Beret previsto para o 15 de agosto, tras coñecerse que o cantante foi detido nas últimas horas por unha suposta agresión sexual.

Así, censuraron como algo “inaudito” que o rexedor aplique neste caso “de modo fulminante” unha “vara de medir” que se nega a aplicarse a si mesmo, estando baixo unha investigación xudicial por suposto acoso sexual (circunstancia que lle levou a dimitir como presidente da Deputación de Lugo e a deixar o PSOE, aínda que conservou o mando de rexedor de Monforte como non adscrito).

Por iso, insistiron en que debe dimitir da Alcaldía “e non pisar Monforte”, xa que “non pode pretender dar leccións de ejemplaridad pública de face á galería, mentres el mesmo está a ser investigado pola xustiza por uns feitos de extrema gravidade”. O grupo municipal do PP en Monforte constatou que “Tomé carece de calquera autoridade moral” para seguir como rexedor, e reiteraron que debe deixar o cargo “por coherencia e por respecto aos veciños”.

ÚLTIMAS

“A creatividade en galego faime fluír dun xeito diferente”, Xavier Frías, escritor e docente

Xavier Frías Conde é filólogo, docente e autor cunha ampla traxectoria literaria. Nado en Béjar...

Monforte implanta a xornada de 35 horas semanais para o persoal do concello desde o 1 de outubro

A nova xornada entrará en vigor o vindeiro 1 de outubro, unha vez finalice...

Prorural solicita á Deputación de Lugo transparencia no proceso de adxudicación de Augas Mestas

Prorural considera que o prego carece da información técnica imprescindible para que as empresas...

Prazo aberto de inscrición para unha nova cita astroturística en Chantada o 19 de xullo

Durante este verán o Concello de Chantada organiza unha interesante programación sobre Astroturismo, con...