HomesociedadeA Deputación aproba melloras en estradas provinciais de Taboada, Chantada e Paradela

A Deputación aproba melloras en estradas provinciais de Taboada, Chantada e Paradela

A Xunta de Goberno aprobou este venres diferentes actuacións en vías provinciais ao seu paso por Xermade e Paradela por máis de medio millón de euros e adxudicou tamén obras en Taboada, Palas de Rei, Friol e Chantada por outros 814.000€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial destinará 287.702,17€ en Paradela á rehabilitación de catro quilómetros da estrada LU-P-4201, que comunica Pacios con Mosteirovello. Concretamente o proxecto afectará ao treito entre os puntos quilométricos 4,17 e 8. Os traballos inclúen a reapertura de cunetas, a renovación do firme con aglomerado en quente e a reposición da sinalización.

Ademais, executarase un paso elevado á altura do CEIP de San Miguel para reforzar a seguridade do tráfico nun punto especialmente sensible pola presenza de escolares. O prazo de execución previsto é de catro meses.

No concello de Taboada, a empresa Construciones Leonardo Miguélez executará por 296.526,23€ a rehabilitación dos primeiros 6,1 quilómetros da LU-P-6001 que conecta a capitalidade municipal con Mundín por Ada. Ademais das melloras na drenaxe, pavimentación e sinalización, construirase un muro de escollera para estabilizar un tramo da vía.

En Chantada, Explotaciones Gallegas SL executará por 247.820€ a rehabilitación integral dos máis de 3,7 quilómetros da LU-P-1819, unha vía moi demandada pola veciñanza que conecta as parroquias de Quinzán das Peras e Mundín e dá servizo a entidades de poboación como Ferreiros, Nande ou Amorín. As obras consistirán fundamentalmente na mellora da drenaxe, a renovación do firme mediante aglomerado en quente e a reposición da sinalización, cun prazo de execución de catro meses.

.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...