HomesociedadeII Marcha Solidaria contra a ELA, ‘Memorial Germán Macía’

II Marcha Solidaria contra a ELA, ‘Memorial Germán Macía’

O alcalde, José Tomé Roca, representantes do equipo de Goberno e membros da Corporación Municipal do Concello de Monforte, sumáronse este domingo aos actos solidarios organizados polo Grupo CompostELA para dar visibilidade á Esclerosis Lateral Amiotrófica (ELA) e recadar fondos para realizar o Camiño de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CompostELA naceu no 2019 por iniciativa dun grupo de peregrinos relacionados dalgún modo con esta enfermidade, que todos os anos realiza a Ruta Xacobea no mes de setembro.

Este domingo no Día Mundial da ELA celebrouse en Monforte de Lemos a II Marcha Solidaria contra a ELA ‘Memorial Germán Macía’, cunha andaina solidaria que partiu ás 11.00 horas da Explanada da Compañía e percorreu o Paseo de Lugo, rúa Duquesa de Alba, San Lázaro, Reboredo, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure para finalizar no mesmo punto de partida.

O Concello de Monforte colaborou coa organización deste evento solidario aportando a dotación dunha ambulancia, o mobiliario necesario e a participación da Policía Local e de Protección Civil no operativo de tráfico e a organización do dispositivo que facilitou o desenvolvemento da actividade.

O alcalde amosa o seu apoio e o do equipo de Goberno a calquera iniciativa que repercuta nunha visibilización da ELA e na mellora da calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade. O rexedor quixo mandar unha mensaxe de esperanza para todas as persoas que sofren esta enfermidade, centrado nos avances científicos que se están producindo nos últimos tempos. 

revélate en Taboada

O campo da feira de Taboada acollía este día 20 desde as 11:00h o Festival Solidario co que colaboraba o concello e que promovía a activista e paciente de ELA, Tatiana Badiola, para recadar fondos para AGAELA e visibilizar a enfermidade. Para iso contouse con música en directo, bingo solidario, actividades de concienciación e zona gastronómica. Presentouse tamén o proxecto multicultural de RevÉLAte, co que traballa Tatiana.

Durante a xornada Silvia Penide recitou algúns dos seus poemas e cantou. Tamén deixarían a súa música neste Festival Solidario, Los Camachuelos, Phantom Mollo, Catuxa Salom en formato acústico e íntimo, e Ángel Novcad + Marta Darcos.

Toda a recadación será destinada a AGAELA (Asociación Gallega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica), para apoiar o seu labor cas personas afectadas pola ELA e ás súas familias.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...