Homesociedade"Ribeira Sacra: agora que?", lema da FEARS para a asemblea que celebrará...

“Ribeira Sacra: agora que?”, lema da FEARS para a asemblea que celebrará en outono

A Federación de Asocicións da Ribeira Sacra (FEARS) reuniu a súa Xunta Directiva para analizar o informe técnico que presentou o ICOMOS sobre a inscrición da Ribeira Sacra na lista do Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A FEARS apunta que o ICOMOS recomenda “non inscribir a Paisaxe da Auga da Ribeira Sacra na Lista de Patrimonio Mundial”, e lembra que coincide coa súa diagnose desde as primeiras xuntanzas “onde se constatou que se trataba dunha candidatura cociñada de costas aos moradores do territorio e por espúreos intereses caciquís”.

Segundo a Federación todas as Administracións son responsables “deste fracaso técnico, a Xunta por dirixir o proceso sen participación social nin integración de voces expertas críticas; os Concellos e o Goberno de España por facer seguidismo acrítico, mesmo por continuar apoiando a estratexia da Xunta despois do informe negativo do ICOMOS.”

FEARS amosa a súa satisfacción porque o ICOMOS recomenda ás autoridades ter en conta e integrar as voces críticas, “coma esta Federación, que representamos a máis de medio cento de asociacións da zona e que fomos a única entidade que enviamos á UNESCO o noso parecer sobre a candidatura durante o proceso aberto.”

Agora, a decisión sobre a candidatura corresponde ao Comité do Patrimonio Mundial a finais de xullo e dende a dirección da FEARS insisten en que ven máis inconvintes ca vantaxes a que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial. “Acadar este tipo de distinción internacional cun territorio que non está preparado agravaría problemas estruturais, como a falta de adecuación das infraestruturas viarias, a escasa planificación dos fluxos turísticos, a falta de vivenda ou os problemas ambientais. Acadar o distintivo co informe técnico en contra pode derivar en perda da inscrición no futuro, por unha avaliación negativa”.

Para outubro plantexan a celebración da sétima asemblea da Federación, contando con voces expertas para establecer un debate sobre os problemas e potencialidades deste territorio, “esta negativa no proceso de inscrición pode ser unha oportunidade para repensar o que queremos que sexa o noso territorio no futuro: se unha marca territorial ou unha comunidade viva con sectores produtivos dinámicos e sostibles”.


Ribeira Sacra / DO Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...