O dispositivo de circulación previsto, que desenvolverá a Policía Local, consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmonte das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento. Esta decisión tómase coa intención de interromper a circulación o menor tempo posible. Con esta finalidade, poderanse diferenciar dúas actuacións distintas:
Dende a 1:00 da madrugada do sábado 27 de xuño (noite do venres ao sábado) e ata o día martes 7 de xullo ás 23:00 h, pecharase a rúa Malecón dende o inicio ata a baixada lateral do Ambulatorio, deixando libre esta, para facilitar a instalación e posterior desmonte dos stands que participan no evento.
A partir do mércores 1 de xullo desde as 8:00 h e ata o luns día 6 de xullo ás 23:00 h, permanecerá pechada ao tráfico tanto a Rúa Malecón na súa totalidade, como o tramo de baixada lateral ó Ambulatorio.
Todos os cortes estarán sinalizados, e si a execución dos traballos de desmonte finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á reapertura do tráfico de forma inmediata. Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.

