Tras a recepción oficial no Concello, Carmela López e Roi Rigueira visitaron o avance das obras do edificio da Antiga Cámara Agraria situado. Os traballos financiados pola institución provincial consisten na recuperación desta infraestrutura de 1950 para tranformala nun local multiusos destinado ao desenvolvemento de diferentes actividades e que acollerá unha oficina de Correos na planta baixa.
Percorreron a entrada sur da vila, a antiga N-540, que cambiará completamente grazas a este proxecto financiado con fondos provinciais que inclúe a execución de beirarrúas, aparcamentos, renovación do pavimento, instalación de alumeado público e mobiliario urbano e a plantación de árbores.

Taboada visita Deputación provincial a antiga Cámara Agraria / Deputación Provincial
A Presidenta quixo supervisar tamén diferentes actuacións da Deputación na rede viaria provincial ao seu paso polo concello. A LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada; a LU-P-6001, que vertebra a comunicación entre o núcleo urbano e as parroquias de Ada e Mundín; e a LU-P-6003, que mellora a conexión entre Couto e Viloide, xa no límite con Monterroso. Tres intervencións que, no seu conxunto, superan o medio millón de euros de investimento e que contribúen a vertebrar o territorio e a impulsar a actividade económica do municipio.
Presidenta e alcalde comprobaron tamén un tractor adquirido grazas a unha achega de preto de 60.000€. Unha dotación que permite aumentar a capacidade operativa do Concello, axilizar os traballos diarios e optimizar a prestación de servizos básicos, especialmente no coidado das infraestruturas.
A visita rematou na Casa Escola da parroquia de Meixonfrío, convertida nun local social ao servizo da veciñanza con máis de 30.000€ de fondos provinciais. Un proxecto que permitiu recuperar un edificio de uso comunitario e poñelo á disposición das entidades veciñais para dinamizar a vida social do rural e manter activos os núcleos parroquiais.

Taboada visita Deputación provincial / Deputación Provincial

