HomeCulturaOs Cursos de Verán do Conservatorio Municipal de Música de Monforte teñen...

Os Cursos de Verán do Conservatorio Municipal de Música de Monforte teñen prazo aberto de inscrición

O Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’ de Monforte ten aberto o prazo de inscrición nos Cursos de Verán que se desenvolverán ao longo de distintas semanas durante o período estival nas instalacións do centro no Edificio Multiusos, en horario de mañá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En cada solicitude de inscrición o alumnado interesado poderá inscribirse nun total de 2 materias, cunha taxa de 25,00 €. Poderase participar en máis materias cubrindo outra nova solicitude como máximo.

Cada materia terá unha duración de 1 hora que se reservará no momento da inscrición. Dita reserva pode realizarse na Oficina de Rexistro do Concello se a tramitación se fai de modo presencial. No caso de realizarse por Sede Electrónica, reservarase a especialidade e horario, á espera de confirmación.

As materias están dirixidas a alumnos/as a partir de 6 anos de idade e constarán de talleres de práctica instrumental en especialidades como Guitarra, Violín, Piano, Saxofón, Clarinete, Frauta doce e travesa, Trompeta, Trombón, Tuba, Gaita, Percusión moderna (batería), Percusión tradicional galega, Canto e Pandeireta, así como talleres de práctica teórica de Linguaxe Musical. En piano será preciso traer auriculares, así como un xogo de pinturas no caso de alumnos/as ata 7 anos. En percusión moderna será preciso que o alumnado aporte un par de baquetas mod. 5A e unha pelota de tenis.

Materias, datas e prazas dispoñibles

  • Violín – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 06/07 ao 10/07 
  • Piano 1º grupo – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 06/07 ao 10/07  
  • Piano 2º grupo – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 24/08 ao 28/08    
  • Guitarra – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 06/07 ao 10/07
  • Saxofón – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 10/08 ao 14/08  
  • Clarinete – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 06/07 ao 10/07  
  • Frauta Doce e Travesa – Iniciación (a partir de 6 anos), do 06/07 ao 10/07  
  • Trompeta, Trompa – Iniciación e Avanzado  (a partir de 6 anos), do 06/07 ao 10/07 
  • Trombón, Tuba – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 06/07 ao 10/07   
  • Percusión moderna – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 10/08 ao 14/08    
  • Gaita e Percusión tradic. – Iniciación e Avanzado  (a partir de 6 anos), do 13/07 ao 17/07    
  • Canto e Pandeireta – Iniciación e Avanzado  (a partir de 17 anos), do 13/07 ao 17/07    
  • Linguaxe Musical 1º grupo – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 06/07 ao 10/07   
  • Linguaxe Musical 2º grupo – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos), do 24/08 ao 28/08  

Prazos e lugar de inscrición 

Ata o día 03 de xullo de 2026: Violín, Piano 1ºgrupo, Guitarra, Clarinete, Frauta, Trompeta, Trombón, Tuba, Linguaxe 1º grupo.

Ata o día 10 de xullo de 2026: Gaita e Percusión Tradicional, Canto e Pandeireta, Percusión moderna, Saxofón, Piano 2ºgrupo, Linguaxe 2º grupo.

1. Na oficina de Rexistro do Concello de Monforte. Reserva da materia e horario no momento da inscrición en riguroso orden de entrada de rexistro.

2. Pola Sede Electrónica do Concello de Monforte. Preinscrición reservando modalidade e horario á espera de confirmación en riguroso orden de entrada de rexistro.

PREZO ÚNICO: 25 € por solicitude. Dúas materias a elexir.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...