HomesociedadeActividade de guiado e observación estelar o 8 de xullo en Chantada

Actividade de guiado e observación estelar o 8 de xullo en Chantada

O 29 de xuño abren as inscricións, ata completar aforo para a actividade de guiado e observación estelar do 8 de xullo. Inscricións a través do correo electrónico turismo@concellodechantada.org.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada era recoñecido o pasado ano como Municipio Starlight, o primeiro da Ribeira Sacra con esta distinción como referente na protección do ceo nocturno pola escasa contaminación lumínica e na promoción do astroturismo dentro do territorio.

A este respecto durante todo este ano o Concello de Chantada vén desenvolvendo unha programación específica sobre astroturismo destinada a poñer en valor este tipo de recursos.  Despois de abrir as actividades o 19 de maio co obradoiro de iniciación á astronomía destinado ao sector turístico, a seguinte actividade terá lugar o mércores, 8 de xullo, coa primeira de varias xornadas de guiado e de observación estelar.

Desde a Oficina Municipal de Turismo de Chantada propoñen unha noite para descubrir o universo e as súas marabillas. As inscricións para participar nesta actividade gratuíta están abertas desde o luns 29 de xuño e ata completar aforo, podendo facerse unicamente a través do correo electrónico turismo@concellodechantada.org.

Estas actividades de observación estelar son impartidas por profesionais cualificados. As 25 persoas inscritas na  primeira xornada de guiado daranse cita en Chantada o día 8 ás 22:15h para desde alí trasladarse ao punto de observación. Para máis información poden dirixirse á Oficina Municipal de Turismo de Chantada ou no 982 44 17 52.

As próximas citas co astroturismo en Chantada serán as seguintes:

  • 19 de xullo, actividade de guiado e de observación estelar para público en xeral
  • 6 de agosto, actividade de guiado e observación estelar para público en xeral
  • 7 de agosto, charla divulgativa sobre a eclipse para público en xeral
  • 4 de setembro, obradoiro de astrofotografía para público en xeral

Con este tipo de propostas o Concello de Chantada ofrece a veciñanza e visitantes experiencias astronómicas únicas nunha contorna privilexiada, “O municipio conta con espazos naturais excepcionais que realzan o valor do seu ceo nocturno, ofrecendo un marco incomparable para a observación de constelacións, a Vía Láctea e outros fenómenos astronómicos”, destaca o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...