HomesociedadeDo 29 de xuño ao 3 de xullo pecha a piscina municipal...

Do 29 de xuño ao 3 de xullo pecha a piscina municipal de Monforte por obras de mantemento

Unha vez concluídos estes traballos, a piscina municipal retomará a súa actividade cunha ampla oferta estival que incluirá diferentes modalidades adaptadas ás necesidades dos usuarios, facilitando aos veciños e visitantes, unha alternativa deportiva e saudable durante os meses de verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte anuncia a interrupción por uns días do servicio de piscina municipal debido á realización de traballos de
mantemento, tarefas de conservación, mellora e revisión, que permitan garantir o correcto funcionamento das instalacións e a calidade de servicio que se presta ao longo do ano.

O peche ó público producirase dende o luns día 29 ata o 3 de xullo e unicamente afecta á piscina xa que o resto de instalacións: ximnasio, vestiarios…permanecerán abertos ao público no seu horario habitual.

Os traballos previstos inclúen a revisión e posta a punto de equipos, sistemas e infraestruturas, ademais de intervencións preventivas e correctivas, incluídas labores específicas de limpeza, desinfección e revisión dos sistemas de auga das instalacións, que requiren a paralización temporal da actividade para poder desenvolverse coas máximas garantías.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...