O rexedor destaca que esta actuación “ten por obxectivo reforzar a seguridade, tanto de peóns como de vehículos que transitan polas rúas da cidade, así como a mellora permanente das infraestruturas viarias, un compromiso adquirido polo Equipo de Goberno cos monfortinos e monfortinas”.
O proxecto de mellora de renovación da sinalización vial horizontal abarca 74 rúas e zonas da cidade. En concreto, os traballos abordan o pintado de bandas de pasos de peóns, isletas, liñas de detección, reservas de usuarios, reserva de carga e descarga, así como as marcas que atinxen ao tráfico de vehículos (sinais de dirección, stop, ceda o paso, marcas brancas de liña continua/descontinua, liñas amarelas, etc.). A relación de rúas e espazos nos que se renovará a sinalización horizontal, total ou parcial, é a seguinte:
- VV. Valle de Lemos
- C/Eduardo Blanco Amor
- C/Rioseco
- C/Juan Montes
- C. Pardo Bazán
- C/Dr. López Suárez
- C/Ramón y Cajal
- C/Echegaray
- C/Noriega Varela
- C/Concepción Arenal
- C/Coruña
- C/Pontevedra
- C/Curros Enriquez
- C/Dr. Casares
- C/Malecón
- Puente Viejo
- C/Huertas
- C/San Pedro
- C/Carlos Casares
- C/Av. Cachafeiro
- C/Jac. Benavente
- C/J. Rm. Jiménez
- C/Zapardiel
- C/Florida
- C/Real
- C/Central
- Plaza do Piñeiro
- C/Estrella
- C/Julio Camba
- Plazuela de Conde
- C/inés de Castro
- Roberto Baamonde
- C/Otero Pedrayo
- C/Poeta Lois Pereiro
- C/M. de Cervantes
- Avenida de Galicia
- C/Celso Emilio Ferreiro
- C/Sarria
- C/Conde
- C/Cardenal
- Plaza Pte. Fontecha- glorieta
- C/Compañía
- C/Paseo de Lugo
- C/Dalmiro de la Valgoma
- C/Francisco Moure
- C/Reboredo
- C/Castelao
- C/Duquesa de Alba
- C/San Lázaro
- C/Carude
- A Pinguela
- C/Aceña Nova
- C/Rof Codina
- Parque da Gardería
- C/Orense
- C/Pantón
- C/Santiago
- C/Fontecha
- C/Tomás Vázquez
- C/Cobas
- C/Tecelanes
- C/Saviñao
- C/Roberto M. Andrade
- Entrada GADIS/LIDL
- C/Lemavos
- C/Carballedo-Chantada
- Campo S. Antonio
- C/Abeledos
- C/Manuel María
- C/Hnos. Dapena-Abeledos
- C/Corredoira
- Camiño das Codesas
- Camiño da Barxa
- Extremadoiro
Horario de realización dos traballos
Como norma xeral, en toda a zona centro da cidade (integrada polas rúas Roberto Baamonde, Conde, Avenida de Galicia, Inés de Castro, Praza de Abastos e a súa contorna, Cardenal, Compañía, Paseo de Lugo, Dalmiro da Valgoma, Ponte Fontecha e acceso ao estacionamento do Parque dos Condes, Hortas, Campo de San Antonio, Ourense no tramo ata ligazón con Tecelanes e Chantada completa), así como nas vías de circulación densa ou que constitúan rutas de tránsito, tanto de desprazamento interno como de entrada ou saída da cidade, a renovación da pintura efectuarase evitando os horarios de maior afluencia de tráfico. Nestos casos, os traballos realizaranse preferentemente polas tardes, e mesmo en horario nocturno, sempre e cando esta actuación sexa compatible coa normativa sobre niveis máximos de ruído. Nas zonas periféricas e vías de uso preferentemente residencial, o pintado poderase realizar en calquera horario. En todo caso, o adxudicatario seguirá as instrucións da Xefatura da Policía Local, en aras de garantir a fluidez do tráfico.

