HomesociedadeO 'Hotel Las Vegas' inaugura a tempada de terraceo con 'rancheras e...

O ‘Hotel Las Vegas’ inaugura a tempada de terraceo con ‘rancheras e sushi’

Este establecemento hostaleiro de San Clodio, no Concello de Ribas de Sil, aproveita a chegada do verán para potenciar o ambiente da súa ampla e atractiva terraza coa organización de eventos nos que a música ten un especial protagonismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ese espazo, coñecido en tempos como ‘A Pista’, foi un mítico punto de encontro de toda a contorna para ir de festa e bailar. Con estes antecedentes, a actual xerencia quixo, dende hai uns anos, recuperar ese ambiente festivo e organizar nos veráns un programa de actuacións en directo e sesións de baile para goce da clientela. 

INAUGURACIÓN DA PROGRAMACIÓN VERÁN 2026

Comezado xa oficialmente o verán, o Hotel Las Vegas (San Clodio) deseñou unha programación de actuacións para os meses de xullo e agosto que comezará o vindeiro domingo 5 cunha sesión vermut por todo o alto.

Para abrir a tempada, ás 13.00 h haberá un concerto de “Movilla & Los Irrepetibles” e cociñado de sushi en directo. “Sushi & rancheras, que máis se pode pedir?”, di Elena Losada, a xerente, con entusiasmo. 

O CONCERTO

O directo que ofrecen “Movilla & Los Irrepetibles” é moi divertido e cheo de momentos para gozar grazas á elocuencia do seu vocalista, Javier Movilla, natural de Castro Caldelas e amante da música mexicana.

Un personaxe “irrepetible” que, acompañado duns grandes músicos, ofrecen un espectáculo no que se rende homenaxe aos grandes autores e intérpretes do xénero, dende os clásicos como Jorge Negrete, Vicente Fernández ou Chavela Vargas, ata versións de artistas e grupos nacionais como Joaquín Sabina, Loquillo, Miguel Ríos, Antonio Flores ou Los Secretos.

Un espectáculo ideal para abrir a tempada en Las Vegas e a escusa perfecta para liar aos amigos/as nunha sesión vermut única.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...