HomesociedadeMáis dun cento de cativos participan nos Campamentos de Verán de Quiroga

Máis dun cento de cativos participan nos Campamentos de Verán de Quiroga

Os campamentos, nos que participan nenos e nenas de 3 a 11 anos, desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, e forman parte do programa “Concilia Quiroga”, que organiza a área de Igualdade do concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Quiroga
- Advertisement -

Concilia Quiroga é un servizo dirixido a favorecer a conciliación familiar e laboral, no que teñen prioridade as familias nas que traballan os dous proxenitores e as familias monoparentais.

Os participantes divídense en seis grupos atendendo a súa idade, repartindo as aulas entre as instalacións da Ludoteca, a Casa da Cultura e o Centro Social. As dez da mañá é a hora de entrada, para que ás 10:30 todos os participantes estean incorporados e se poidan comezar as actividades sen interrupción. A hora de remate seguirá sendo as 14:00 nas piscinas municipais, a menos que o tempo non permita gozar destas instalacións. Neste caso avisaríase a través de WhatsApp do lugar de recollida, polo que é importante que todos os proxenitores informen aos encargados dos nenos do número de móbil para recibir este tipo de comunicacións.

Todas as actividades que levarán a cabo están programadas dentro dun proxecto de conciliación que inclúe actividades educativas, lúdicas e deportivas. Tamén están programadas actividades grupais que se levarán a cabo en días puntuais. Para levar a cabo as actividades foras das aulas utilizaranse as instalacións municipais dispoñibles e tamén o patio do CEIP de Quiroga -cesión esta última que a área de igualdade do concello quere agradecer á dirección do centro educativo-.

8 monitores titulados e 8 voluntarios, supervisados polo Centro de Información á Muller, encárganse do desenvolvemento dos Campamentos de Verán. Os monitores foron contratados baixo o programa Concilia Quiroga grazas a subvención concedida pola Consellería de Política Social e Igualdade, dentro do Plan Corresponsables no ámbito local; e os voluntarios están acollidos ao programa de voluntariado solicitado polo Concello a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Concilia Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...