HomesociedadeA campaña da Xunta, "Verán de lecer consumo" no Xoán de Requeixo...

A campaña da Xunta, “Verán de lecer consumo” no Xoán de Requeixo de Chantada

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente do Instituto Galego do Consumo, Sol Vázquez, e polo alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, visitou este venres —no CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo— a rapazada participante nunha das accións da campaña autonómica Veráns de Lecer Consumo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Campaña achega ao alumnado diversas actividades lúdicas relacionadas co consumo responsable, cos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, coa publicidade ou co consumo na rede. O director xeral destacou que se trata dun programa de carácter gratuíto que está a disposición de todos os concellos de Galicia e, de feito, xa teñen amosado interese nel máis de 60 municipios co gallo de beneficiar máis de 40.000 persoas.

Con este iniciativa promóvese unha educación en materia de consumo transversal mediante un lecer alternativo, co fin de acadar unha sociedade formada por persoas consumidoras conscientes, solidarias e responsables, comprometidas coa súa contorna, coñecedoras dos seus dereitos e activas para defendelos.

A Escola Galega do Consumo, dependente do IGCC, chegou no primeiro semestre deste ano a unhas de 16.300 persoas mediante os seus programas educativos sobre consumo responsable, a atención a persoas vulnerables e maiores ou a formación para profesionais no eido do consumo, a maiores dos Venres de Consumo que están abertos a toda a cidadanía.

Veráns de lecer consumo / Consellería de Emprego

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...