HomesociedadeAFA Chantada, 14 anos adicados ao Alzheimer e outras demencias

AFA Chantada, 14 anos adicados ao Alzheimer e outras demencias

A Asociación, que conta con 45 usuarios recibe 10.000 euros anuais da Deputación Provincial

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, vén de manter un encontro cos preto de 45 usuarios da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras de demencias de Chantada (AFA Chantada).

A asociación presta atención a usuarios con alzheimer no seu centro de traballo en Chantada, e tamén no medio rural, pois varias terapeutas desprázanse a catro aldeas do municipio para levar a cabo talleres de memoria. O resto de actividades que levan a cabo os profesionais dende o centro son: talleres terapéuticos, ximnasia, servizo de masaxista e servizo de neuropsicoloxía individual.

AFA Chantada creouse no ano 2005, a proposta dun grupo de coidadoras que queren atender a persoas con este tipo de enfermidade, creando así a asociación. Este colectivo céntranse na atención personalizada, na prevención e a ralentización do alzheimer. O equipo profesional deste centro está formado por 7 empregados: dúas psicólogas, unha traballadora social, un fisioterapeuta, unha terapeuta ocupacional e dous auxiliares de enfermería. Traballan en aspectos terapéuticos, a través de obradoiros de ximnasia, servizos de masaxista e actividades de neuropsicoloxía individual. Ademais AFAChantada achega aos Concellos de Taboada e Carballedo talleres de memoria.

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...