HomesociedadeXeoparque Montañas do Courel, unha oportunidade para namorarse

Xeoparque Montañas do Courel, unha oportunidade para namorarse

Tras o éxito da primeira edición dun evento para solteiros e solteiras celebrado neste territorio, Barbantia anuncia outra convocatoria para os días 17, 18 e 19 de xullo.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O pasado mes de maio Barbantia, proxecto da quiroguesa Silvia Martínez, organizou un evento para solteiros e solteiras no Xeoparque Montañas do Courel. A iniciativa consistiu en crear un espazo para coñecer xente de forma normal mentres se daba a coñecer este territorios, un dos máis espectaculares de Galicia.

Tras a gran acollida da primeira edición, Silvia anuncia a segunda convocatoria para os días 17, 18 e 19 de xullo. “Isto non é Tinder, nin First Dates, o obxectivo é compartir unha fin de semana de roteiros, gastronomía, natureza, cultura local e experiencias en grupo nunha contorna privilexiada”, aclara a espelida e simpática organizadora. A experiencia está dirixida, en definitiva, a persoas solteiras que queiran saír da rutina, coñecer xente nova e descubrir Galicia dunha forma diferente, “sen idade mínima nin máxima, xa que realizamos unha selección previa para formar un grupo equilibrado”, explica tamén a organizadora.

Durante a primeira edición, os participantes percorreron algúns dos lugares máis emblemáticos do Xeoparque, visitaron museos e centros de interpretación, coñeceron a historia, a xeoloxía e as tradicións do territorio da man de expertos locais. “Non podemos prometer que vaias atopar o amor da túa vida, pero te vas a namorar do Geoparque” era un dos reclamos empregados nesa primeira experiencia.

O obxectivo, alén da posibilidade de atopar o amor das persoas participantes, é poñer en valor o medio rural e xerar actividade económica en pequenos negocios locais, contando coa colaboración de aloxamentos, restaurantes, adegas, guías e empresas do territorio. Para ter máis información do evento pode accederse a través da páxina web de Barbantia.

Xeoparque Montañas do Courel . Foto: Concello de Quiroga
BARBANTIA

Silvia Martínez, creadora de Barbantia, leva anos organizando eventos e loxística para no Camiño de Santiago para autocaravanistas, unha necesidade que había no mercado e que ela mesma experimentou hai anos. Agora, ao estar solteira confesa estar a experimentar outra necesidade: a de coñecer xente doutro xeito, non a través dunha aplicación nin dunha foto na internet… dende a naturalidade e o encontro espontáneo. “Así que agora tamén organizo eventos para singles”, di cun sorriso na boca Silvia.

En Xornal de Lemos fixémoslle unha entrevista no ano 2024. Aquí podedes acceder a ela.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...