HomesociedadeOs viños da D.O. Ribeira Sacra preséntanse en Bilbao

Os viños da D.O. Ribeira Sacra preséntanse en Bilbao

Será este 6 de xullo, de 18:30 a 20:30 horas, no Hotel Ercilla de Bilbao, nun encontro dirixido aos membros da Asociación de Sumilleres de Bizkaia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra realizará unha visita promocional a Bilbao este 6 de xullo para achegar a singularidade dos seus viños aos membros da Asociación de Sumilleres de Bizkaia. O encontro terá lugar de 18:30 a 20:30 horas no Hotel Ercilla de Bilbao.

A presentación estará conducida por Juan José Figueroa Treus, presidente da Asociación Galega de Sumilleres, quen dirixe todo o ciclo de presentacións organizado polo Consello Regulador. Durante a sesión realizarase un percorrido polas características que definen os viños da D.O. Ribeira Sacra e pola singularidade dun territorio marcado pola viticultura heroica.

Os asistentes poderán coñecer 14 referencias elaboradas por 10 adegas da D.O. Ribeira Sacra, cunha selección composta por 4 viños brancos e 10 tintos, correspondentes ás colleitas 2020, 2021, 2022, 2024 e 2025. A mostra inclúe elaboracións de Godello, Godello Barrica, Mencía, Mencía Garda e Tinto Ribeira Sacra, representativas da diversidade e calidade da denominación.

Esta nova acción promocional chega despois do éxito da primeira presentación celebrada o pasado 18 de xuño no establecemento La Caníbal, en Madrid, tamén conducida por Juan José Figueroa Treus. A convocatoria reuniu a profesionais da hostalaría e da restauración e obtivo unha excelente resposta tanto pola participación como polo interese mostrado polos asistentes.

APOSTA POR PRESENTACIÓNS A PROFESIONAIS ESPECIALIZADOS DO SECTOR

A través deste programa de presentacións, o Consello Regulador continúa reforzando o posicionamento da D.O. Ribeira Sacra en mercados estratéxicos, promovendo o coñecemento dos seus viños entre os profesionais que desempeñan un papel clave na súa prescrición e difusión.

Tras a presentación de Bilbao, os viños da D.O. Ribeira Sacra continuarán a súa promoción en Cantabria, dando continuidade a un calendario de accións que busca seguir ampliando a presenza da denominación no sector da hostalaría e da restauración.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...