A Fundación Reina Sofía achegou 65.000 euros á Xunta para contribuír á restauración e recuperación de espazos naturais protexidos afectados por incendios forestais. A achega destinouse a dúas actuacións elaboradas e executadas pola Xunta: unha no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra e outra na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, na que estaba previsto repoboar con frondosas.
En canto á actuación na Serra da Enciña da Lastra, cun orzamento de 50.000 euros, o convenio recollía a rehabilitación dunha alvariza tradicional. Así mesmo, na Ribeira Sacra e nas Serras do Oribio e Courel o proxecto prevía crear unha masa mixta de frondosas de 1,37 hectáreas na aldea de Vilar, en Folgoso do Courel, que tiña un souto centenario afectado polo lume.

Durante a visita, a raíña estivo acompañada pola alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro e entre outras autoridades, do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, da subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, do deputado Pablo Rivera Capón e alcaldes dos concellos da zona sur da provincia de Lugo.

Raíña Sofía en Folgoso do Courel / Delegación do Goberno

