HomesociedadeII Festival dos Colados en Bolmente, Sober

II Festival dos Colados en Bolmente, Sober

O encontro, que impulsa a Asociación para o Emprendemento Sostible da Ribeira Sacra, será este sábado 11 de xullo. A cita pon en valor o rural a través do territorio e dos seus viños nun contexto no que se ofrecen experiencias paralelas, actividades para público familiar e unha gran noite musical.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Bolmente, no Concello de Sober, repite o seu Festival dos Colados, unha iniciativa que busca dinamizar parroquia e contorna de xeito sostible con actividades para todos os públicos e especial protagonismo para o viño e a música.

Entre as actividades que ofrecen como ‘experiencias’ pódense atopar visitas a viñedos, adegas e patrimonio histórico; roteiros para camiñar ou para realizar en bicicleta, e tamén degustacións e catas. A xente interesada pode acceder á web e reservar praza.

ADEGAS PARTICIPANTES

Este ano participarán oito adegas do territorio: Val da lenda, Tear, Gullufre, Adega Verao, Alouviño, Aborixe Viticultura, EDV Viticultores e Galanteiro. Os asistentes poderán descubrir os seus caldos e participar en catas cun prezo de 20 euros que incluirán degustación de entre tres e catro viños ademais de produtos gastronómicos.

PENSANDO NOS MÁIS PEQUENOS DA CASA

Para facer atractiva a visita a este encontro coa natureza, o viño, e a música, a organización deseñou unha programación especial pensada para gozar en familia. Baixo o título de ‘Festikids’ os asistentes terán a oportunidade de participar en actividades de globoflexia, obradoiros, pintacaras, e xogos tradicionais. E tamén, haberá unha actuación de maxia a argo do Mago JCarron.

Unha iniciativa que xa o ano pasado tivo moito éxito e contribúe á asistencia de público familiar.

CONCERTOS

Movilla & Los Irrepetibles, co seu atractivo repertorio de música mexicana e versións pop-rock de grandes clásicos, fará a sesión vermú ás 12:30 h.

E xa pola noite, o cartel está conformado polo saxofonista Marcos Sabor Sax (19:00 h), o grupo local de rock rural e popular Os Parentes (21:00 h); e Malenne (23:30 h), coñecido grupo indie de Monforte.

Ademais, a organización avisa que ao remate dos concertos “a festa continúa coa nosa mellor selección de temas variados”.

TRANSPORTE DENDE MONFORTE E SOBER

Para facilitar la asistencia, e que a xente non teña que desprazarse en vehículos particulares se non o desexa, a organización habilitará un servizo de balde de autobuses de ida e volta dende Monforte de Lemos e Sober, con parada no recinto de Bolmente. Pódese facer reserva previa na web do festival.

Para saber como xurdiu este festival podedes ler un artigo de Xornal de Lemos do 2025.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...