HomesociedadeDesactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

Desactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08.30horas deste 12 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concello de Ribas de Sil segue activo desde as 18.22 horas deste sábado, 11 de xullo, o incendio iniciado na parroquia de Soutordei, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 90 hectáreas. Neste lume foi desactivada esta madrugada a Situación 2, que fora decretada, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas. Para a extinción deste incendio mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 15 axentes, 20 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...