HomesociedadePrazo aberto de inscrición para unha nova cita astroturística en Chantada o...

Prazo aberto de inscrición para unha nova cita astroturística en Chantada o 19 de xullo

“A xente volve querer mirar o ceo”, afirma o Concello de Chantada que despois do éxito da primeira actividade da pasada semana, prepara unha nova cita astroturística para o 19 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante este verán o Concello de Chantada organiza unha interesante programación sobre Astroturismo, con actividades de guiado e observación estelar. A primeira actividade desenvolveuse este mércores día 8 e resultou un éxito tanto na inscrición como na participación durante a xornada.

25 persoas asistiron á proposta que as levou a coñecer novos datos sobre a diversidade do ceo nocturno que se observa desde Chantada. Persoas do municipio e contorna, pero tamén chegadas de Ourense ou Vigo, acompañadas das súas familias que por primeira vez se achegaban a participar nunha actividade destas características. Durante máis de dúas horas e en compaña dun telescopio ofreceuse unha visión xeral do que se pode desfrutar desde un destino Starlight como é o Concello de Chantada.

“Nesta primeira actividade tivemos moitas familias con fillos e fillas que preguntaban moito. A nosa recomendación cando a xente vén a unha actividade así e que veñan coa curiosidade que se ten cando se é neno para poder achegarse mellor a un dos mellores destinos Starlight a nivel galego”, explica o guía, Juanjo Lorenzo.

A seguinte cita de guiado terá lugar o domingo, 19 de xullo. As inscricións para participar nesta actividade gratuíta están abertas desde este xoves, 9 de xullo e ata completar a capacidade, podendo facerse unicamente a través do correo electrónico turismo@concellodechantada.org.

As 25 persoas que se inscriban nesta segunda xornada recibirán un correo de confirmación coa localización na que se darán cita, ás 22:15h, para a seguinte actividade de guiado. Para máis información poden dirixirse á Oficina Municipal de Turismo de Chantada ou no 982 44 17 52. Ante a demanda destas propostas, o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, asegura que, “vemos un interese crecente en Chantada como destino Starlight. A xente volve querer mirar o ceo e este tipo de turismo está en auxe”.

As próximas citas para descubrir o universo e as súas marabillas nos ceos de Chantada serán as seguintes:

  • 6 de agosto, actividade de guiado e observación estelar para público en xeral
  • 7 de agosto, charla divulgativa sobre a eclipse para público en xeral
  • 4 de setembro, obradoiro de astrofotografía para público en xeral

ÚLTIMAS

As Patronais de Monforte foron un éxito “impulsando a economía local e con gran participación nas actividades”, asegura o alcalde

Monforte de Lemos pon o punto final ás súas Festas Patronais cunha valoración...

O Club Lemos gaña o Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte

O partido, disputado no estadio municipal de fútbol da Pinguela, enfrontaba o sábado, desde...

Extinguido desde este sábado o incendio de Taboada

Segundo información da Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 17:38 horas do...