Homesociedade426.000 euros da Deputación para mellorar 3 estradas en Chantada.

426.000 euros da Deputación para mellorar 3 estradas en Chantada.

A Deputación Provincial de Lugo aprobou investimentos de case un millón e medio de euros máis para mellorar dotacións e servizos nos Concellos de Chantada, Lugo, Láncara, Cospeito e A Fonsagrada.

Publicado o

- Advertisement -

En Chantada destínanse 426.000 euros para mellorar 9,1 quilómetros de 3 estradas provinciais. Na 1802, que vai de Chantada ao encoro de Belesar por Sabadelle, melloraranse 3,3 km. É unha vía que dá acceso a uns 160 veciños e a ducias de explotacións gandeiras. Na 1804, de Touza á Ponte de San Fiz por Belesar, acondicionarase o firme de 4,4 km. Trátase dunha vía moi importante pois conecta zonas de viñedos e adegas deste concello pertencentes á D.O. Ribeira Sacra. Ademais, permite o acceso ao embarcadoiro de Belesar.

Na 1809, de Chantada a Antas de Ulla, melloraranse 1,5 quilómetros, entre Forna e ata Mariz. É a principal vía que comunica a Comarca de Chantada uníndoa coa zona Norte. É moi empregada tanto por empresas, como por maquinaria agrícola e gandeira.

Na zona sur, outro dos concellos que recibe novos investimentos é o  Láncara, 68.000 euros para mellorar alumeados públicos na totalidade das 25 parroquias do Concello. Instalaranse uns 50 novos puntos de luz, todos eles de baixo consumo e con maior eficiencia, o que permitirá aforrar custos na factura da luz.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...