HomesociedadeControlado o incendio forestal de Ribas de Sil

Controlado o incendio forestal de Ribas de Sil

O lume iniciouse o sábado ás 18.22h na parroquia de Soutordei e quedou controlado ás 19.47 horas deste martes, 14 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, quedou controlado ás 19.47 deste martes. O lume iniciouse o pasado sábado, día 11, ás 18.22 horas, afectando a unha superficie de arredor de 180 hectáreas.

Neste incendio foi preciso declarar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha situación operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo. Para a extinción deste lume mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 8 técnicos, 42 axentes, 61 brigadas, 45 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 8 avións.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...