HomesociedadeA A.V. do Saviñao solicita retirar o peche perimetral que se instalou...

A A.V. do Saviñao solicita retirar o peche perimetral que se instalou na Devesa

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía do Saviñao para solicitar a eliminación do peche perimetral da Devesa de Escairón "coa balaustrada de granito pulido".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Devesa de Escairón é un elemento patrimonial natural urbano datado nuns 400 anos de antigüidade e que goza da admiración e do aprezo de moitas xeracións que medraron nel. Segundo a asociación veciñal xa o anterior alcalde “cerrou cunha balaustrada igual que a actual a zona verde e deportiva da Lama, pero foi máis comedido coa Devesa, da que só pechou a zona próxima ó Concello”.

Agora aseguran que a veciñanza do Saviñao “contemplou atónita como se procedía ó peche do lado norte da Devesa de Escairón cunha balaustrada de granito pulido que nin sequera é do país, sen previo proxecto de obra nin presuposto para ela”. Dende a Asociación consideran que esta obra é de pésimo gusto e demostra unha nula sensibilidade paisaxística, “máis propia dun xardín urbano que dun bosque autóctono ubicado nunha vila do rural”.

Consideran desde a asociación veciñal que a medida tomada framenta o conxunto orixinario doado por don Xoán de Forcados, que consistía nunha unidade formada pola Devesa e a zona da Lama, hoxe campo deportivo e ubicación do centro de saúde. A barreira actual elima a perspectiva de fondo do conxunto arbóreo que permite escrutar, de árbore en árbore, dende fóra ata o fondo da Devesa e impide a percepción da maxestosidade das árbores de ata catrocentos anos.

Con todo falan de “aberración paisaxística” e solicitan que se retire o peche granítico construído ata agora. “Poderíase xustificar esta obra como garantía de que non se meterán vehículos na Devesa, pero para esto o peche de madeira, lixeiro e discreto, era máis que suficiente”, conclúen.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...