HomesociedadeTransportes finaliza as obras de mellora e modernización do túnel de Montefurado...

Transportes finaliza as obras de mellora e modernización do túnel de Montefurado na N-120

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible finalizou as obras de mellora e modernización do túnel de Montefurado na N-120. Estas obras e as de varios túneles do porto de Piedrafina na A6 contaron cun investimento de 24,7 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas actuacións enmárcanse no Real Decreto 635/2006, do 26 de maio, sobre requisitos mínimos de seguridade nos túneles de estradas do Estado, e unha directiva posterior do Parlamento Europeo sobre requisitos mínimos de seguridade para os túneles da rede transeuropea de estradas. Grazas a estas actuacións, os seis túneles da Rede de Estradas do Estado en Galicia e os tres de Castela e León “cumpren xa os estándares europeos de seguridade e explotación”.

Entre as principais actuacións executadas, renovouse a capa de rodadura do firme, a sinalización vertical e horizontal e balizamento. Monitorizáronse as estruturas para verificar o seu comportamento e descartar movementos. Instaláronse novos sistemas de ventilación, e de detección e extracción de fumes. Renováronse instalacións eléctricas e dos sistemas auxiliares de emerxencia (asegurando a dobre subministración eléctrica mediante sistemas de alimentación ininterrompida) e contruíronse novos locais técnicos para albergar os mesmos.

Entre outras actuacións, instaláronse novos sistemas de videovixilancia (CCTV) e detección automática de incidencias (DAI); implantáronse sistemas de recollida de verteduras tóxicas e perigosas, mediante redes de drenaxe separativas e depósitos de contención; instaláronse barreiras, semáforos e paneis de sinalización variable para permitir o peche seguro dos túneles e xestionar o tráfico en situacións de emerxencia. – Instalación de estacións de capacidade para o control do tráfico e modernizáronse as comunicacións e control remoto de todas as instalacións.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...