HomesociedadeChantada traballa na posta en marcha dunha gran zona verde entre as...

Chantada traballa na posta en marcha dunha gran zona verde entre as rúas Emilia Pardo Bazán e Ribeira Sacra

O Concello de Chantada executa coa brigada de Parques e Xardíns o adecentamento do espazo comprendido entre as rúas Emilia Pardo Bazán e Ribeira Sacra. As actuacións desenvólvense en varias fases, de modo que na primeira que se executa acondicionouse o terreo coa retirada de materiais e o desbroce de maleza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Actúase nunha superficie de 1000m2, na parte baixa da zona, “esta obra permite desatascar o embude que había na rúa Ribeira Sacra. Posteriormente actuarase na parte alta, creando unha mellora nos accesos aos edificios e completando unha gran área de 2000 m2”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

A obra contempla a pavimentación da rúa Ribeira Sacra con mestura asfáltica en quente e a contrución da beirarrúa que enlaza ambas as rúas; farase o pintado das prazas de estacionamento e instalación de sinalizacións. Unha vez rematado o desbroce comezarase cos traballos para conectar a beirarrúa da marxe dereita de Ribeira Sacra, “o que mellorará de xeito significativo a seguridade entre Ribeira Sacra e Pardo Bazán”.

O rexedor destaca a importancia desta obra que ademais de mellorar o tráfico e a seguridade, permitirá aproveitar este espazo como gran zona verde na que se instalarán pérgolas e todo o mobiliario urbano necesario, ademais de plantar especies autóctonas e crear outras dotacións para conseguir un gran espazo para desfrute de familias e veciñanza.

ÚLTIMAS

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón...

Artesanía de Galicia no Courel ata o 9 de agosto

Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa contribúe a achegarlle á sociedade o...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que...