HomesociedadeO Licor Café de Abadía da Cova premiado na Cata de Licores...

O Licor Café de Abadía da Cova premiado na Cata de Licores de Galicia

Foi unha das 10 referencias galardoadas na XXVII Cata das Augardentes e a XIII Cata de Licores Tradicionais celebradas días atrás en Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Catas de Galicia de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia reuniron 29 mostras de diferentes tipos de destilados galegos de calidade de 10 empresas das Indicacións Xeográficas Bagazo de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia. Delas, 10 resultaron ser as galardoadas. O xurado, que catou a cegas, estivo composto por 5 catadores, pertencentes ao panel de cata interno do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e dous externos, creados para a ocasión.

Desde o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia agradeceron a participación do panel de expertos, así como o apoio da AGACAL por organizar este certame. Un evento que contribúe a poñer o foco na importancia e o valor dos destilados con indicativo de calidade e orixe.

GAÑADORES

Gañadores Bagazo de Galicia I.X.: Pote de Ouro: Fonte do Frade (Pazo de Valdomiño, SA), Pote de Prata Vedra do Ulla (Augardentes de Galicia, SA) e Pote de Bronce: MeuCeo (Bagazos e Licores Augavella, SL) . Augardente de Herbas de Galicia: Pote de Ouro: Tamtum (Bagazos e Licores Augavella, SL).

Licos de Herbas de Galicia I.X.: Pote de Ouro: Pazo Valdomiño (Pazo de Valdomiño, SA). Pote de Prata: Lúa de Costeira (Viña Costeira, SCG). Pote de Bronce: Tamtum (Bagazos e Licores Augavella, SL).

Licor Café de Galicia I.X.: Pote de Ouro: Abadía da Cova (Adegas Moure, SA). Pote de Prata: Tamtum (Bagazos e Licores Augavella, SL). Pote de Bronce: Lúa de Costeira (Viña Costeira, SCG).

Gañadores Licor Café de Galicia IX. Foto: Nós Comunicación.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...