Artelemos celebra do 3 ao 8 de agosto na rúa Cardeal, coincidindo coa antesala das Festas Patronais, a súa 26 edición. Participarán 32 artesás e artesáns, que representarán unha ampla variedade de disciplinas tradicionais e contemporáneas como a orfebrería, cestería, coiro, vidro, cerámica, olería de Gundivós, madeira, lá e outras especialidades que amosan a riqueza do patrimonio artesanal.
Concretamente, 13 son do territorio da Ribeira Sacra, 1 da cidade de Lugo, 3 da provincia de Ourense (2 da capital e 1 de Allariz), 5 de A Coruña (3 de Santiago de Compostela e 2 doutras localidades), 6 de Pontevedra (3 de Vigo e 3 doutras localidades), 3 da provincia de León, 1 de Toledo e outro de Murcia.
A inauguración oficial será o día 3 ás 12:00 horas, seguida de demostración de olería de Gundivós a cargo de Elías González. Ao longo da xornada desenvolverase tamén un obradoiro de cestería impartido por Luisa Martínez. O martes 4 será a quenda de Otilia Arias e Tomás López, que ofrecerán unha demostración da olería tradicional da Ribeira Sacra Figulus, ademais de obradoiros de olería destinados ao público infantil. O mércores 5, Lucía Casado impartirá un obradoiro de coiro no que os participantes elaborarán un colgante artesanal. O xoves 6, Luisa Mosquera dirixirá un obradoiro de fieltro en lá e puntadas de bordado a man, pensado para participantes de todas as idades. O venres 7, Amparo Escrich desenvolverá un obradoiro de modelado en barro destinado a nenos e nenas.
Finalmente, o sábado 8, a programación rematará con dous obradoiros simultáneos: María Monsalve impartirá un taller de fieltrado con agulla en seco para todos os públicos, mentres que Noel Pérez ofrecerá unha actividade infantil de moldeado e pintura píntega. En ambos os casos, os participantes poderán elaborar e levar consigo as súas propias creacións. Para participar nos obradoiros será necesario inscribirse no stand do Concello cun mínimo de media hora de antelación ao inicio de cada actividade.
Na presentación o alcalde, José Tomé destacou que Monforte “é unha praza moi demandada polos artesáns debido á gran afluencia de visitantes que recibe a Mostra e aos bos resultados que obteñen durante estes días. Estou convencido de que esta XXVI edición de Artelemos volverá ser un éxito de participación e contribuirá a reforzar a imaxe de Monforte como un referente cultural, artesanal e turístico da Ribeira Sacra”.
PROGRAMACIÓN XXVI MOSTRA ARTELEMOS 2026
Luns 3:
- 10:00 – Apertura dos stands de venda.
- 11:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 12:00 – Inauguración da XXVI Mostra Artelemos.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Cestería para nenos/as. Artesá: Luisa Martínez.
- 12:00 a 14:00 – Demostración de Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
- 17:00 – Apertura dos stands de venda.
- 18:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 19:00 a 21:00 – Demostración de Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Cestería para nenos/as. Artesá: Luisa Martínez
- 22:00 – Peche dos stands.
Martes 4:
- 10:00 – Apertura dos stands de venda.
- 11:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias.
- 12:00 a 14:00 – Demostración de Olería Tradicional da Ribeira Sacra Figulus. Artesán: Tomás López.
- 17:00 – Apertura dos stands de venda.
- 18:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias.
- 19:00 a 21:00 – Demostración de Olería Tradicional da Ribeira Sacra Figulus. Artesán: Tomás López.
- 22:00 – Peche dos stands.
Mércores 5:
- 10:00 – Apertura dos stands de venda.
- 11:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Coiro. Elaboración dun colgante de pez fantástico. Artesá: Lucía Casado.
- 17:00 – Apertura dos stands de venda.
- 18:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Coiro. Elaboración dun colgante de pez fantástico. Artesá: Lucía Casado.
- 22:00 – Peche dos stands.
Xoves 6:
- 10:00 – Apertura dos stands de venda.
- 11:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro con fieltro de lá e puntadas de bordado a man. Artesá: Luisa Mosquera.
- 17:00 – Apertura dos stands de venda.
- 18:30- Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro con fieltro de lá e puntadas de bordado a man. Artesá: Luisa Mosquera.
- 22:00 – Peche dos stands.
Venres 7:
- 10:00 – Apertura dos stands de venda.
- 11:30 a 12:00- Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.
- 17:00 – Apertura dos stands de venda.
- 18:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.
- 22:00 – Peche dos stands.
Sábado 8:
- 10:00 – Apertura dos stands de venda.
- 11:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro da técnica Needle Felting (feltrado con agulla en seco). Creación dun chaveiro. Artesá: María Monsalve.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de modelado e pintura píntega. Creación dun Lagarto Arnau. Artesán: Noel Pérez.
- 17:00 – Apertura dos stands de venda.
- 18:30 – Inscrición nos obradoiros con artesáns.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro da técnica Needle Felting (feltrado con agulla en seco). Creación dun chaveiro. Artesá: María Monsalve.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de modelado e pintura píntega. Creación dun Lagarto Arnau. Artesán: Noel Pérez.
- 22:00 – Peche dos stands.

