Homesociedade59 concellos de Galicia súmanse á nova edición do 'Xanela FEST'

59 concellos de Galicia súmanse á nova edición do ‘Xanela FEST’

Este é o número de municipios interesados en poder contar cun concerto gratuíto da Orquestra Cinema. Tras o peche de inscricións agora comezarán as votacións da cidadanía polo concello que prefiran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Xanela FEST continúa avanzando con gran éxito nunha nova edición tras pechar o prazo de inscrición de participantes. En total, 59 concellos de toda Galicia sumáronse á iniciativa, unha cifra que confirma a excelente acollida desta proposta, na que será a cidadanía quen decida o destino dun concerto gratuíto da Orquestra Cinema.

Co peche das inscricións, o festival entra agora na fase de votación. Nesta primeira rolda, a cidadanía poderá votar polo seu concello preferido co obxectivo de decidir cales avanzarán á seguinte fase do concurso.

SEGUNDA FASE DO CONCURSO

Unha vez rematada esta primeira votación, abrirase unha segunda fase na que competirán as asociacións inscritas dentro de cada un dos concellos clasificados. Será entón cando o público poida apoiar directamente á súa asociación favorita para que sexa a encargada de recibir e organizar o espectáculo da Orquestra Cinema no seu municipio.

Desde a organización destacan a gran resposta recibida nesta edición: “a participación de 59 concellos confirma o crecemento do Xanela FEST e consolida unha iniciativa que combina música, participación cidadá e o traballo das asociacións locais, protagonistas fundamentais da vida social e cultural dos municipios”.

Dende Xanela fan un chamamento á participación e animan á veciñanza a implicarse nesta primeira fase da votación. Cada voto será decisivo para que o seu concello avance á seguinte rolda e continúe optando a acoller un dos espectáculos máis destacados da Orquestra Cinema. Así mesmo lembran que esta iniciativa “reafirma reafirma así o seu compromiso por achegar a música en directo a todos os recunchos de Galicia, facendo que sexa a propia cidadanía quen elixa, mediante un proceso participativo, o destino desta gran cita musical”.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...