HomesociedadeAGORA renova equipamentos e mellora a autonomía das persoas usuarias

AGORA renova equipamentos e mellora a autonomía das persoas usuarias

A Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos vén de acometer un proceso de renovación do seu equipamento informático, dixital e mobiliario, ademais de incorporar novos recursos orientados á formación e á promoción da autonomía persoal das persoas participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as actuacións realizadas destaca a renovación dos equipos informáticos empregados polo persoal profesional nas distintas actividades da entidade, substituíndo aqueles que xa quedaran obsoletos. Ademais, incorporáronse novas ferramentas dixitais destinadas a fortalecer as competencias tecnolóxicas das persoas participantes, favorecendo a implantación de metodoloxías innovadoras que complementan as intervencións terapéuticas tradicionais co uso das novas tecnoloxías.

Estes recursos contribúen a mellorar a estimulación cognitiva, potenciar a aprendizaxe e fomentar unha participación máis activa das persoas con discapacidade nas actividades do centro.

Por outra banda, AGORA adquiriu novo mobiliario e dotou as súas instalacións de equipamento específico para a creación dun taller prelaboral de limpeza. Esta iniciativa está orientada á adquisición de competencias laborais, ao desenvolvemento da autonomía persoal e á mellora das oportunidades de inclusión sociolaboral das persoas participantes da área ocupacional.

Con estas actuacións, a Asociación AGORA reafirma o seu compromiso coa innovación, a transformación dixital e a mellora continua dos seus recursos, promovendo servizos máis accesibles, eficientes e adaptados ás necesidades e proxectos de vida das persoas con discapacidade, co obxectivo de favorecer o seu desenvolvemento persoal, social e comunitario.

Estas actuacións foron posibles coa financiación procedente do 0,7 % do IRPF, a través das achegas das persoas contribuíntes que marcan a casa 106 de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, coñecida como X Solidaria e xestionadosos, xestionados pola Xunta de Galicia, que permiten impulsar proxectos de modernización e mellora nas entidades do Terceiro Sector.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...