HomesociedadePrórroga á candidatura da "Ribeira Sacra Paisaxe da Auga"

Prórroga á candidatura da “Ribeira Sacra Paisaxe da Auga”

Desta vez non se resolveu a favor, pero a UNESCO dálle outra oportunidade á candidatura da "Ribeira Sacra Paisaxe da Auga" para ser declarada Patrimonio Mundial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois da resolución deste 27 de xullo por parte do Comité de Patrimonio Mundial da Unesco a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS), insiste en que a actual candidatura é irreformable, “asumindo unha delimitación territorial non histórica e pretendendo consolidar unha marca territorial, na que encaixar distintos relatos”.

Para a Federación, a primeira candidatura pretendía defender “unha continuidade da relixiosidade dende o eremitismo e a actual candidatura unha coherencia entre os muíños tradicionais e os encoros franquistas.”

Amplíase o prazo, esixíndolle á candidatura que complete o inventario dos elementos da “cultura da auga” e afonde na explicación histórica que permita entender a continuidade da paisaxe. “Dificilmente se poderá acreditar unha paisaxe cultural coherente. A revisión da candidatura vai continuar na senda que desde o seu comezo trazou: a invención da historia e a anulación da verdadeira memoria.”

Reaccións

Segundo explican desde a Xunta de Galicia, na sesión celebrada en Busán decidiuse crear unha misión especial de apoio por parte de Icomos que permita reforzar aspectos da candidatura “e chegar ao próximo comité coas maiores garantías posibles”. “É unha boa nova que mantén a candidatura máis viva que nunca e que rexeita o informe de Icomos que emprazaba a súa retirada”, asegurou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos

O conselleiro puxo en valor “á coordinación plena e esforzo conxunto” de todas as administracións na defensa desta proposta “sólida, rigorosa e novidosa, que se basea nos atributos excepcionais e únicos desta paisaxe construída co uso da auga e que non está presente aínda de xeito suficiente na Lista de Patrimonio Mundial.”

Consellería de Cultura

Para a presidenta da Deputación Provincial de Lugo, a decisión do Comité non altera a esencia da candidatura nin diminúe o valor excepcional deste territorio, senón que marca unha nova etapa dun proceso que a Deputación seguirá apoiando con determinación, responsabilidade e lealdade institucional. “Para a Deputación de Lugo non hai ningunha dúbida. A Ribeira Sacra xa é Patrimonio Mundial polos seus valores. Falamos dunha das paisaxes culturais máis extraordinarias de Europa e dun territorio único no mundo, onde a natureza e o ser humano construíron ao longo de máis de mil anos un legado excepcional que merece o máximo recoñecemento internacional”, afirmou Carmela López.

O alcalde de Monforte, José Tomé, destaca que a emenda presentada por Perú, Tanzania e Ucraína e o voto favorable de dous terzos dos membros asistentes, “supuxo unha nova oportunidade para presentar con maior detalle a nosa candidatura e solventar os aspectos que necesiten aportación de datos ou información adicional”.

O rexedor considera o ditame da comisión como unha boa noticia despois do informe do ICOMOS, “esta decisión foi a mellor para manter a esperanza en que a Ribeira Sacra alcanzará o recoñecemento a ser proclamada Patrimonio da Humanidade proximamente e tomar en consideración as recomendacións do comité e traballar de forma intensa nos argumentos que se precisan para convencer a todos os países que o integran”.

José Tomé no despacho do Concello de Monforte / XdL

ÚLTIMAS

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a...

Chantada presenta o cartel e a programación das Festas Patronais que se celebran do 20 ao 25 de agosto

Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción...

Co peche do estacionamento do Parque dos Condes comeza o dispositivo especial de tráfico para as Festas de Monforte

Este dispositivo especial regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento,...

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a...