HomesociedadeEstabilizado o incendio forestal que comezou este 28 de xullo en Taboada

Estabilizado o incendio forestal que comezou este 28 de xullo en Taboada

O lume iniciouse ás 16,44 horas deste martes, 28 de xullo, e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua, quedou estabilizado ás 22,26 horas deste martes.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 5 técnicos, 10 axentes, 22 brigadas, 14 motobombas, 3pas, 9 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendiosforestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X:@incendios085

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...