HomesociedadeControlado o incendio de Taboada que afectou a 40 hectáreas

Controlado o incendio de Taboada que afectou a 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08,30horas deste 30 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúa controlado dende as 19,31 horas deste mércores o incendio do concello de Taboada, parroquia de Ínsua, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para a extinción deste incendio, orixinado ás 16,44 horas deste martes, mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 5 técnicos, 16 axentes, 31 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 6 avións.

Na provincia de Lugo está tamén estabilizado desde as 3 desta madrugada, o incendio forestal rexistrado no municipio de Ourol, parroquia de Merille, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas. Comezou onte ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 8 axentes, 15 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...