Homesociedade150.000€ para o primeiro canil que o concello de Monforte proxecta no...

150.000€ para o primeiro canil que o concello de Monforte proxecta no Parque Covas-A Pinguela

O concello de Monforte licita as obras do primeiro canil público da cidade, que se situará no Parque de Covas-A Pinguela e constituirá a primeira das catro áreas recreativas caninas previstas polo Equipo de Goberno nos vindeiros anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este proxecto forma parte da rede de parques caninos anunciada o pasado mes de marzo, integrada por catro instalacións que se localizarán nas zonas da Florida, A Estación, o Hospital e Covas-A Pinguela, co obxectivo de cubrir os catro cadrantes nos que se divide a cidade.

“Con esta planificación conseguimos que practicamente todos os veciños e veciñas de Monforte que teñen mascota dispoñan dun espazo destas características a menos de 1 quilómetro da súa vivenda”, destaca o alcalde, José Tomé.

Comézase co canil de Covas-A Pinguela porque xa dispón dos terreos necesarios para a súa execución, mentres que o resto das instalacións iranse desenvolvendo conforme se vaian obtendo os espazos precisos. O novo canil ocupará unha superficie aproximada de 1.300m2 dentro do Parque de Covas-A Pinguela, un dos principais espazos verdes da cidade, con preto de dúas hectáreas de superficie total e integrado no paseo fluvial do río Cabe.

O obxectivo deste proxecto é transformar unha zona verde aberta nun recinto arborado, amplo, seguro e completamente acondicionado para que os cans poidan correr, xogar, facer exercicio e socializar en liberdade, “sempre dentro dun espazo pechado e compatible co uso que o resto da cidadanía fai do parque”.

A área recreativa incluirá circuítos e elementos específicos para o exercicio dos cans, zonas de paseo, arborado, paneis informativos coas normas de utilización e todas as medidas necesarias para garantir o benestar animal, a seguridade e o correcto uso das instalacións. O recinto estará completamente pechado mediante unha valla metálica rodeada de setos en todo o seu perímetro e contará con portas de seguridade que impedirán a saída accidental dos animais.

O proxecto contempla igualmente unha zona independente destinada ao aseo animal, equipada cunha bañeira, mesa de cepillado, fonte-bebedoiro específica para cans e contedores para residuos orgánicos e plásticos que facilitarán o mantemento e limpeza do recinto.

O orzamento base de licitación desta actuación ascende a 150.000 euros, aínda que o importe definitivo poderá reducirse en función das ofertas que presenten as empresas participantes no proceso de contratación. O prazo previsto para executar as obras será de tres meses.

A previsión económica para o conxunto da rede supera os 600.000 euros. O rexedor concluíu destacando que esta actuación responde a unha realidade cada vez máis presente na sociedade, “Cada vez hai máis familias que conviven cun can de compañía e que demandan espazos adecuados para que os animais poidan desenvolver a actividade física que necesitan. Un can non debe permanecer permanentemente confinado nin limitado a pequenos espazos”.

ÚLTIMAS

Extinguido desde este sábado o incendio de Taboada

Segundo información da Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 17:38 horas do...

Comeza a vendima na D.O. Ribeira Sacra mentres IGV convoca unha mobilización o 6 de setembro polo futuro do territorio

Interior Galego Vivo alerta da situación de "precariedade" que afronta a viticultura galega co...

Loli Rodríguez presenta en Torbeo a súa última novela, Nailía

Nailía vén de ser distinguida co II Premio Trevo de Narrativa en Galego 2026...