HomesociedadeOferta musical moi variada na terraza de Las Vegas de San Clodio

Oferta musical moi variada na terraza de Las Vegas de San Clodio

En portas xa de agosto, a terraza deste local segue o seu calendario estival programando propostas musicais que cheguen a un público moi variado. Así, para este fin de xullo e comezo de agosto avanza que haberá espazo para dúas sesións de DJ e un concerto de jazz fusión.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este venres 31 de xullo pincharán na Pista (a terraza de Las Vegas) os DJ Ricky e DJ Álvaro de 2:00 á 1:00. Animan á participación pois haberá un gran ambiente e unhas seleccións que farán gozar especialmente ás novas xeracións.

Para o día seguinte, sábado 1 de agosto, está programado un concerto de Jazz Fusion ás 22:00 h a cargo de dous músicos que foron compoñentes de “Medianoche”, formación que participou anos atrás na axenda musical de Las Vegas. 

Medianoche Reviset. Foto cedida.

E para que a noite non se faga curta, a continuación entrará en xogo o DJ Rafa. Baixo o título de “Ritmo de la noche” lembrará musicalmente aqueles marabillosos 80-90. En palabras de Rafa, “será unha ocasión para lembrar aqueles ‘ritmos da noite’ doutros veráns vividos con temas que soaron sen parar nas últimas décadas e xa son clásicos de calquera celebración. Un percorrido ben completo con anécdotas vividas e participación do público… porque cando soan certas cancións que nos tocan a fibra todos nos convertemos en super estrelas”.

Como avance de programación, e tendo un paréntese nas findes de festas en Quiroga e San Clodio, anúncianse dúas grandes festas para os días 23 e 30 de agosto. A xerencia quere poñer a guinda da progamación estival con propostas festeiras que de momento non quere desvelar.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...