HomesociedadeMonforte estrea unha "fonte de cidade" e a curiosidade atrae á veciñanza

Monforte estrea unha “fonte de cidade” e a curiosidade atrae á veciñanza

Este 31 de xullo ás 22:30h, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu o acto de inauguración e posta en marcha da nova fonte do Parque dos Condes e da urbanización da Zona D, denominada Rúa Parque dos Conde. O acto foi seguido por gran cantidade de público.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto de inauguración comezou cando o alcalde pulsou o botón da posta en marcha da nova fonte, e os presentes puideron desfrutar, por primeira vez, do impacto da fonte funcionando, que foi celebrada con aplausos. A nova fonte conta con 5 efectos de auga distintos e un programa variable de luces, con shows especiais para momentos puntuais. Tal e como explicou o rexedor “a fonte ten un sistema de telecontrol e software específico que vai permitir xestionar de forma remota a programación e os efectos, e inclúe un control automático do vento, que axusta a altura dos surtidores para optimizar o consumo de auga e minimizar a dispersión en condicións climáticas adversas”. Tamén quedou aberto ao público o resto de espazo urbanizado na nova rúa Parque dos Condes.

O acto de inauguración, rematou coa actuación do grupo Gin Toni’s que amenizou musicalmente a apertura deste novo espazo de conexión peonil, “este é un paso máis no meu compromiso de mellorar o urbanismo da cidade e consiste na apertura de dúas actuacións estratéxicas, que transforman un dos espazos máis emblemáticos do centro e que quedan abertas ao público nesta mesma xornada, co remate do acto de acendido da Fonte” .

O rexedor quixo destacar que “cumprimos o compromiso adquirido cos monfortinos e monfortinas de rematar estas actuacións no mes de xullo para que poidan ser desfrutadas durante esta época do ano, especialmente durante as Festas Patronais. O Parque dos Condes estréase cunha imaxe completamente renovada e cunha fonte de cidade que está chamada a converterse nun dos grandes atractivos de Monforte, unha fonte como merece o noso Concello, unha gran fonte, unha fonte monumental, acorde coz contorna”.

Un novo espazo na cidade

A actuación no Parque dos Condes desenvolveuse sobre unha superficie de 2.850 metros cadrados. O elemento máis destacado é a nova fonte ornamental circular, cun vaso de 25 metros de diámetro, equipada con diferentes programas de funcionamento, espectáculos de auga e iluminación artística nocturna, o que permitirá ofrecer distintas combinacións visuais tanto durante o día como pola noite.

O proxecto completouse coa renovación dos pavimentos, novos paseos en pedra granítica, a instalación de novo mobiliario urbano, mais que duplicando o número de bancos existentes, pasando de 14 bancos que había antes a 35 bancos que hai agora para desfrutar da sombra, e a reorganización dos espazos para favorecer o paseo, a estancia e a contemplación da fonte desde a rúa Cardeal e desde o resto do parque.

Polo que respecta ás zonas verdes, reformáronse os parterres e a superficie axardinada aumentou de 1.119,05 m² a 1.149,44 m². O incremento total é de 30,39 m². Procedeuse tamén á mellora da iluminación da zona adaptándoa á nova distribución, colocando novas farolas similares ás existentes.

Xunto á reforma do Parque dos Condes, inaugurouse tamén a urbanización da Zona D, unha actuación desenvolvida nun ámbito de máis de 3.200 metros cadrados situado entre a rúa Cardeal e o Paseo do Río Cabe, denominada Rúa Parque dos Condes.

O proxecto permitiu crear un novo vial de comunicación entre ambas zonas, dotando o ámbito de todos os servizos urbanos necesarios —saneamento, abastecemento, alumeado, telecomunicacións e gas—, ademais de nova pavimentación, zonas axardinadas e mobiliario urbano, sendo unha rúa peonil, vixiada por cámaras, para que os vehículos non utilicen o novo vial.

Inauguración nova fonte e zona D / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón...

Artesanía de Galicia no Courel ata o 9 de agosto

Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa contribúe a achegarlle á sociedade o...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que...