Homesociedade"...E para comer, Lugo" presente un ano máis en La Vuelta para...

“…E para comer, Lugo” presente un ano máis en La Vuelta para promover a gastronomía da provincia

A zona VIP da saída de cada unha das etapas do evento deportivo contará cun estand onde persoal pertencente á Asociación será o encargado de ofrecer ás persoas asistentes —ciclistas, patrocinadores e prensa, entre outros— petiscos elaborados con produtos autóctonos, materiais promocionais da provincia e exemplares da nova edición da guía turístico-gastronómica "...E para comer, Lugo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A provincia de Lugo promocionarase en todo o territorio estatal por décimo cuarta vez consecutiva aproveitando o seguimento de La Vuelta Ciclista a España cun stand co lema “…E para comer, Lugo” que impulsa a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

Na presentación desta iniciativa xa consolidada, o pasado 29 de xullo na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, estiveron presentes, entre outras personalidades, o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares; o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte; o concelleiro de Turismo e Museos do Concello de Lugo, Agustín Gallego, e o presidente da Apehl, Cheché Real.

VISIBILIDADE PARA PROMOVER A GASTRONOMÍA DA PROVINCIA

A zona VIP da saída de cada unha das etapas do evento deportivo contará cun estand de …E para comer, Lugo. “Esta ubicación estratéxica propicia unha exposición privilexiada da riqueza gastronómica e turística da provincia lucense”, afirman dende a APEHL. Persoal pertencente á Asociación será o encargado de ofrecer ás persoas asistentes —ciclistas, patrocinadores e prensa, entre outros— petiscos elaborados con produtos autóctonos, materiais promocionais da provincia e exemplares da nova edición da guía turístico-gastronómica …E para comer, Lugo.

O presidente da APEHL, Cheché Real, subliñou a relevancia do sostemento da acción ano a ano: “A provincia de Lugo está orgullosa de continuar a ser divulgada e celebrada entre o público nacional a través dun evento deportivo que nos une a todos”. Seguidamente, agradeceu aos organizadores de La Vuelta, á Xunta de Galicia e ás diferentes entidades involucradas a súa colaboración.

PROVEDORES E ENTIDADES COLABORADORAS

Salientar neste apartado os consellos reguladores da Agricultura Ecolóxica (CRAEGA), Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo de O Cebreiro, Queixo de Tetilla, Queixo San Simón da Costa, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia, Fabas de Lourenzá, Grelos de Galicia e Aceite de Quiroga, así como as asociacións Asoporcel, Avimós, Asovega e Afapan. Tamén colaboran Artesanía Alimentaria (Agacal), Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Cafés Candelas, El Progreso, INPE, Transportes Valín e Hijos, Grupo Cinematográfico Fonmiñá e Jazz Lugo.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...