HomesociedadeIniciativas para impulsar a dixitalización do sector vitivinícola

Iniciativas para impulsar a dixitalización do sector vitivinícola

O CRDORS impulsa en colaboración coa Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense un proxecto de modernización tecnolóxica. A iniciativa presentouse esta semana durante unha xornada formativa celebrada no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, na que participaron preto de 80 adegas da DO.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o acto a Deputada Provincial, Pilar García Porto, estivo acompañada polo presidente do Consello Regulador, Antonio Lombardía Crespo, e o Deputado de Infraestruturas da Deputación de Ourense, Manuel Seoane Rodríguez.

O obxectivo do programa é ofrecer máis ferramentas a un sector que forma parte da identidade e da economía da provincia. “A Ribeira Sacra é unha das grandes fortalezas da provincia de Lugo. Un territorio que soubo converter o seu patrimonio natural a súa tradición vitivinícola e o traballo das súas xentes nun referente de calidade e prestixio”, descatou García Porto.

A Deputación colabora con este proxecto cuncha achega económica de case 50.000€ “porque entendemos que promover o territorio tamén significa apoiar aos sectores que o fan medrar e colaboramos porque achega ferramentas útiles para responder ás necesidades do sector e reforza unha actividade estratéxica para a provincia”.

O obxectivo é impulsar unha transformación tecnolóxica que mellore a competitividade, a eficiencia e a sostibilidade da viticultura da Ribeira Sacra. Esta iniciativa estrutúrase arredor de dúas liñas de traballo complementarias que darán resposta ás necesidades tanto produtivas como administrativas do sector. Por unha banda, inclúese a rede de estacións meteorolóxicas, dispositivos de pequeno tamaño e enerxía autónoma, mediante paneis solares, que permitirán recoller datos climáticos en tempo real para previr enfermidades da vide, planificar tratamentos fitosanitarios e optimizar custos de produción. E, pola outra, a implantación do software ANAWIN, unha ferramenta que permitirá dixitalizar e automatizar todos os procesos administrativos e técnicos da Denominación de Orixe: rexistros, certificacións, rastrexabilidade, facturación ou comunicación con viticultores e adegas.

ÚLTIMAS

Extinguido desde este sábado o incendio de Taboada

Segundo información da Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 17:38 horas do...

Comeza a vendima na D.O. Ribeira Sacra mentres IGV convoca unha mobilización o 6 de setembro polo futuro do territorio

Interior Galego Vivo alerta da situación de "precariedade" que afronta a viticultura galega co...

Loli Rodríguez presenta en Torbeo a súa última novela, Nailía

Nailía vén de ser distinguida co II Premio Trevo de Narrativa en Galego 2026...