HomesociedadeTaboada abre este 7 de agosto as Festas dos Milagres coa Festa...

Taboada abre este 7 de agosto as Festas dos Milagres coa Festa da Mocidade

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa asociación Madialeva O! na organización desta xornada

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita comezará ás 19:30h cunha ruta polos bares da vila e a partir das 22:30 iniciaranse as actuacións musicais no campo da feira contando cos concertos de 9 Louro, Dakidarría, Tapa d´Orella e os chantadinos The Palangans. Non faltará a tradicional cea popular.

Durante a presentación da Festa da Mocidade, a deputada de Cultura, Iria Castro valorou “a aposta pola música en galego con bandas e artistas de diferentes estilos que demostran que o galego non ten límites, unha mensaxe que queremos lanzar sobre todo a mocidade” e recoñeceu “o traballo da organización para aglutinar a colaboración institucional e pechar un cartel que podería traer a Taboada xente de toda Galiza”.

A Festa da Mocidade dá comezo ás Festas do Milagres de Taboada, que continuarán ata o luns, 10 de agosto con diferentes actividades e propostas musicais e culturais.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...