HomesociedadeDegustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo o 12 de...

Degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo o 12 de agosto en Sober

O Concello de Sober ofrece o vindeiro mércores, 12 de agosto, unha degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo coa colaboración de Queixos Prado. A proposta forma parte da programación da XXIX Feira da Rosca, Mel e outros Produtos da Ribeira Sacra e o VIII Túnel do Viño de Amandi, que se van celebrar o martes 11 e o mércores 12 de agosto, xornada da eclipse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O VIII Túnel do Viño de Amandi abrirá as súas portas o martes, 11 de agosto, ás 19:00 horas. No evento, organizado por Vinosacra, participan 25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober que se poden degustar nunha carpa instalada na Praza do Concello. Colabora ademais a empresa cárnica lucense, Torre de Núñez.

O Túnel estará aberto ata as 23:00 horas. O mércores abrirá en horario de 11:00 a 15:00 horas. O programa de actividades do día 11 segue coa experiencia gastronómica gratuíta que ofrece a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL). Esta cita con produtos galegos 100% terá lugar na Praza do Concello desde as 21:00h e estará guiada polo cociñeiro soberino, Martín Mantilla. Ao mesmo tempo actuará o grupo DosEnPunto.

Feira da Rosca

O mérciores, 12 de agosto, ás 10:00 horas terá lugar a apertura dos postos, entre os que haberá tres stands para mercar roscas, outros postos con produtos da zona, artesanía ou olería tradicional.

Ás 10:30 horas haberá unha demostración de xoiería e forxa dentro do programa Mans artesáns da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Entre as 11:00 e as 13:00 horas haberá un obradoiro de fieltro a cargo de Ovella Viva. Ás 12:00 horas dará comezo a actuación do grupo tradicional Os Ministreles. A degustación gratuíta das 2000 racións de rosca con queixo será a partir das 13:00h.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...