HomesociedadeO incendio de Taboada alcanza xa as 20 hectáreas e mantense moi...

O incendio de Taboada alcanza xa as 20 hectáreas e mantense moi preto da LU-611

O lume afecta de novo á parroquia de Insua, onde xa arderan máis de 46 hectáreas a finais de xullo, e mobiliza un amplo dispositivo terrestre e aéreo.

Publicado o

- Advertisement -

O incendio forestal declarado este mércores en Taboada, na parroquia de Insua, afecta xa unhas 20 hectáreas, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural. O lume comezou ás 18.38 horas e mantense próximo á estrada LU-611, que comunica Taboada con Rubián, no municipio de Bóveda.

O CONCELLO ALERTA DE QUE SE EXPANDE “RAPIDAMENTE”

A través das súas redes sociais, o Concello de Taboada advertiu de que o incendio se atopa “moi preto” da LU-611 e de que se está expandindo “rapidamente”. “Pedimos que se extremen as precaucións e que se evite transitar pola zona ata que sexa segura”, trasladou o goberno local á veciñanza.

MÁIS MEDIOS MOBILIZADOS

Para a extinción do lume mobilizáronse ata o momento dous técnicos, nove axentes, 13 brigadas, 11 motobombas, catro pas, dúas unidades técnicas de apoio, cinco helicópteros e catro avións. Ao operativo sumouse tamén a BRIF de Laza, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que desprazou ademais dous helicópteros.

A MESMA PARROQUIA XA ARDERA A FINAIS DE XULLO

A parroquia de Insua xa fora escenario doutro incendio durante a última semana de xullo. Aquel lume arrasou 46,43 hectáreas, das cales 41,1 correspondían a monte arborado e 5,53 a monte raso. O novo incendio volve así afectar unha zona castigada polo lume hai apenas unhas semanas, mentres os equipos de extinción continúan traballando para frear o avance das lapas.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...