HomesociedadeEstabilizado o incendio forestal de Taboada que afectou a 30 hectáreas

Estabilizado o incendio forestal de Taboada que afectou a 30 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado este mércores no concello de Taboada, parroquia de Ínsua, está estabilizado desde as 08,42 horas de hoxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este lume iniciouse ás 17,38 horas deste mércores, 12 de agosto, e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 19 axentes, 21 brigadas, 20 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

ÚLTIMAS

O colectivo Lemos Le celebra o ‘Día das Bibliotecas’

O colectivo Lemos Le, formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a...

Remata a pavimentación da rúa Calvo Sotelo de Monforte cun investimento de 183.000€

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, e...

A piscina climatizada de Monforte incrementa nun 86% o número de abonados desde a súa reapertura trala reforma

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, amosa a súa satisfacción pola evolución experimentada...

CSIF denuncia que Correos mantén sen cubrir preto do 60% do persoal de repartición de Monforte

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denuncia a grave falta de persoal...