HomesociedadeAnte a situación de seca os concellos chaman a un consumo responsable

Ante a situación de seca os concellos chaman a un consumo responsable

Logo das comunicacións recibidas esta semana tanto da Xunta de Galicia como da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o Concello de Monforte publicou un Bando da Alcaldía no que se solicita á veciñanza que leve a cabo un uso responsable da auga, evitando aqueles consumos que non sexan imprescindibles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso de Monforte a petición adquire especial relevancia ao coincidir coa celebración das Festas Patronais de Monforte, un período no que se produce un incremento da actividade e da afluencia de persoas na cidade.

Faise especial fincapé na necesidade de limitar o consumo de auga en usos como o rega de xardíns, hortas e zonas verdes, así como o enchido ou renovación da auga das piscinas. “Estamos nunha situación na que todos temos que poñer da nosa parte. A auga é un recurso esencial e debemos utilizala con responsabilidade, especialmente nestes momentos. Durante as Festas Patronais teremos máis actividade e máis xente na cidade, polo que é importante que evitemos consumos innecesarios, como pode ser o rego excesivo de xardíns e hortas ou o enchido das piscinas”, sinala José Tomé.

Solicítase tamén a colaboración dos establecementos, negocios e actividades que desenvolven a súa actividade na cidade. Desde o Concello lembran que pequenos xestos de aforro por parte de cada persoa poden ter un importante efecto no consumo global, polo que se pide á cidadanía que adopte estas medidas de maneira especial durante as Festas Patronais e mentres se manteña a situación de seca.

Os diferentes concellos agradecen a colaboración dos veciños e veciñas e fan un chamamento á responsabilidade colectiva para contribuír a preservar este recurso esencial.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...