HomesociedadeAgora mellora en Monforte a mobilidade das persoas con discapacidade ao incorporar...

Agora mellora en Monforte a mobilidade das persoas con discapacidade ao incorporar un novo vehículo

A adquisición deste vehículo foi posible grazas aos fondos procedentes do 0,7 % do IRPF, recadados a través das achegas das persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106, correspondente ás Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, coñecida como X Solidaria. Estes fondos, xestionados pola Xunta de Galicia, permiten financiar proxectos que contribúen á mellora dos servizos e equipamentos das entidades do terceiro sector.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos vén de incorporar un novo vehículo á súa flota de transporte, destinado a facilitar os desprazamentos das persoas que participan nos servizos do centro de atención diúrna e das vivendas tuteladas que a entidade xestiona en Monforte de Lemos.

Trátase dun Volkswagen Caddy Maxi 2.0 DSG de seis prazas, que permitirá mellorar as necesidades de mobilidade das persoas do centro e vivendas, facilitando o seu acceso a actividades, servizos e recursos da comunidade.

A incorporación do novo vehículo realizouse, ademais, a través de CUALICAR, un centro especial de emprego de COGAMI Empresarial, contribuíndo deste xeito ao apoio de iniciativas empresariais que favorecen a inclusión laboral das persoas con discapacidade.

A nova incorporación permitirá mellorar as condicións de seguridade, accesibilidade e confort durante os desprazamentos, ao tempo que favorecerá a autonomía persoal e a participación social das persoas con discapacidade. Contar cun vehículo propio e adaptado ás necesidades do servizo facilita tamén o traballo dos profesionais responsables do acompañamento e transporte, permitindo ofrecer unha atención máis axustada ás necesidades de cada persoa.

Con esta actuación, AGORA continúa avanzando na modernización dos seus recursos e na adaptación dos seus servizos, reforzando o seu compromiso coa accesibilidade, a autonomía persoal, a inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade na comarca de Lemos

Agora novo vehículo

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...