HomesociedadePantón, Municipio Turístico de Galicia e van 48

Pantón, Municipio Turístico de Galicia e van 48

O Consello da Xunta vén de ratificar esta distinción, que suporá un impulso económico e de promoción para este núcleo da Ribeira Sacra. Agora 5 concellos da Ribeira Sacra teñen esta distinción, Pantón, Monforte, Chantada, Sober e Portomarín.

Publicado o

- Advertisement -

Esta declaración supón un aval para Pantón e acredita o valor do importante patrimonio histórico –sobre todo románico– que atesoura este concello lucense, tamén reforzado pola súa localización como un dos integrantes da Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da Unesco, e que son elementos que supoñen o principal reclamo deste concello e tamén o do interior de Galicia.

Como municipio turístico, Pantón poderá beneficiarse a partir de agora das liñas de fomento e promoción, así como das políticas de implantación ou mellora de infraestruturas e servizos que pode determinar a Xunta de Galicia para este tipo de municipios.

Para este recoñecemento tívose en conta que cumprise todos os requisitos incluídos no decreto que regula este tipo de municipios e que inclúen, entre outros, que a media ponderada anual de poboación turística sexa superior ao 25% do número de veciños, que o número de prazas de aloxamento turístico e de prazas de segunda residencia sexa superior ao 50% do número de veciños ou que acredite contar con algún recurso ou servizo turístico que xere unha cantidade de visitantes cinco veces superior á da súa poboación. Neste sentido valoráronse, entre outros, o Mosteiro Cisterciense de Ferreira ou o Balneario Oca Augas Santas.

Con este recoñecemento, a Comunidade galega conta xa con 48 concellos recoñecidos como municipios turísticos. Na provincia de Lugo, xunto con Pantón, tamén teñen o recoñecemento Ribadeo, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada, Viveiro, Foz, Quiroga, Samos, Lugo, Sarria, Sober, Palas de Rei e Portomarín; sumando en total 14 e converténdose na provincia con máis distincións.

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...