HomesociedadeAdxudicadas por 127.606€ as obras de renovación do firme das rúas 1...

Adxudicadas por 127.606€ as obras de renovación do firme das rúas 1 e 2 no Polígono do Reboredo

A execución destas obras adxudicouse á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A. (ACOVAL S.A.) por un importe de 127.606,42 euros e un prazo de execución de 1 mes desde a sinatura da acta de replanteo. Actuarase nunha superficie total de 7.492 m2.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións previstas nas rúas 1 e 2 que acaba de adxudicar o Concello consisten na rexeneración do firme de ambos viais, pertencentes á rede viaria municipal do Concello de Monforte, que precisan desta intervención, xa que na actualidade presentan un deficiente estado de conservación, con fochancas, roturas de pavimento e desniveis.

A rexeneración do firme consistirá no fresado do pavimento actual das vías afectadas e a aplicación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 4 cm de espesor, mantendo a cota das dúas rúas. A actuación completarase co realce de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada e o pintado das marcas viais correspondentes.

Esta obra súmase á recente adxudicación a Petrolam por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil das obras para a instalación da rede separativa de augas pluviais e residuais na rúa 4 do polígono. Esta intervención completará a mellora integral do saneamento no conxunto desta área empresarial, de cara á posta en marcha da nova depuradora, cuxa construción está próxima a rematar.

A isto, o alcalde de Monforte engade que o pasado mes de xuño, o Pleno da corporación aprobou iniciativas relacionadas co proxecto de modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento do Polígono Industrial do Reboredo, que ten por obxectivo de actualizar a ordenación deste espazo empresarial e acometer a súa ampliación nunha superficie total de 52,91 hectáreas. Desde xullo o Polígono conta tamén cun novo estacionamento con capacidade para 17 camións, 64 turismos, 2 prazas de aparcamento adaptadas e 4 prazas con cargadores eléctricos. A construción deste novo aparcamento supuxo un investimento total de 305.250,57 euros, financiado exclusivamente con fondos do Concello de Monforte.

Neste senso, José Tomé subliña que “cada actuación que facemos no Polígono do Reboredo responde ao compromiso deste Equipo de Goberno de seguir mellorando as infraestruturas dun dos principais motores económicos de Monforte e da comarca. “Cada investimento que realizamos neste espazo contribúe a facelo máis atractivo para a implantación de novas empresas, a consolidar as que xa desenvolven aquí a súa actividade e, en definitiva, a favorecer a creación de riqueza e de emprego”, afirmou.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...