HomesociedadeUn sábado solleiro animou a XVI Feira de Artesanía e Produtos da...

Un sábado solleiro animou a XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

A XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio celébrouse este sábado cun bo día de sol e unha importante afluencia de público na contorna do Concello, onde se reuniron máis de 60 postos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Artesanía, produtos da terra e gastronomía centraron unha xornada que contou tamén con obradoiros participativos, degustacións e actividades para os máis pequenos, entre outras propostas. O alcalde do Incio, Héctor Corujo, acompañado por parte do equipo de Goberno, pola directora territorial de Emprego, Carmen López, e polo deputado provincial Antonio Ameijide, visitou os postos da feira, entre eles os de produtores locais de mel e arandos. Tamén se achegaron á degustación de xamón de porco celta, ofrecida por Cárnicas Teijeiro S.L

Música e a degustación de iscos de porco celta no guizo completaron a programación destas actividade que se desenvolveu na Praza de España e que contou coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia con tres obradoiros abertos e gratuítos que iniciaron a todo tipo de públicos en diferentes oficios.

O ceramista Carlos San Claudio encargouse do obradoiro de ‘Iniciación ao torno cerámico’. Olalla Lojo, de Misoco, impartiu o obradoiro ‘Transferencia de imaxes con engobes sobre cerámica’, debuxar sobre papel e posteriormente transferir estas imaxes ao barro. Mentres que Leonor Díaz, de Como pez en el agua, realizou un obradoiro de pintura sobre téxtil.

A Feira de Artesanía de Produtos da Terra é unha iniciativa do Concello do Incio para promover o turismo e a cultura na zona, así como para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. A cita está xa consolidada na zona e contribúe a dinamizar a actividade local.

XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...